Chamamento á prudencia e precisión no uso de mascarillas. Comparecencia do conselleiro
As restricións dos concellos, entre elas o nivel máximo para A Pobra e O Grove, entrarán en vigor mañá xoves
Pendentes da evolución en Vigo
Explica García Comesaña que se Vigo chegara aos 150 casos de incidencia acumulada, aplicaríanse as restricións establecidas ao respecto. En calquera caso, engadiu, traballarase para que non se chegue a esa situación, intensificando os cribados.
Vacinación con AstraZeneca
Preguntado pola decisión de Castela e León de suspender cautelarmente a vacinación con AstraZeneca, o conselleiro de Sanidade explicou que é un asunto que estará esta tarde na xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde, que foi adiado dúas horas.
Certificado galego de vacinación
Malia as críticas por parte do Goberno central, a Consellería de Sanidade seguirá traballando no certificado dixital de vacinación. Cre que é lóxico que os cidadáns, ao igual que poden levar no seu teléfono móbil o seu historial clínico ou a súa última radiografía, tamén poidan contar coa información relativa ás vacinas.
Uso da mascarilla ao aire libre
O conselleiro de Sanidade define como "extemporánea" a norma estatal sobre a obrigatoriedade da mascarilla: a Xunta defende o seu uso por parte da xente que fai deporte na rúa, mentres cre que na praia, habendo distancia suficiente e se non se está andando, defende que non sexa obrigatoria.
Galicia non estableceu contactos para conseguir a Sputnik
O conselleiro de Sanidade confirma que desde Galicia non se iniciaron contactos para conseguir outras vacinas como a rusa Sputnik. Segundo Julio García Comesaña, a vacina deberá chegar como as demais polo sistema establecido en España.
Chamamento á prudencia nas reunións de non convivintes
O doutor Sergio Vázquez, membro do comité clínico, insiste na necesidade de manter as medidas de seguridade cando se reanuden as reunións nos domicilios, a partir do venres. Pide que a xente acuda a tódolos cribados para intentar controlar a expansión da enfermidade. Lembra tamén a necesidade de gardar a corentena. Ademais fai un chamamento para que se respecte o horario das vacinacións.
Situación asistencial
O xerente do Sergas, José Flores, explica que hai en Galicia 2.045 pacientes que se están a recuperar do COVID nos seus domicilios. O teléfono do 061 recibe unha media de 3.000 chamadas, un 6% delas relacionadas co coronavirus.
As urxencias hospitalarias manteñen os niveis basais. Onte atenderon 2.341 urxencias, cifra semellante á de días pasados. A ocupación dos circuitos COVID está por debaixo do 10%.
Seguen activos os plans de continxencia dos hospitais galegos. Hai 161 persoas ingresadas en planta con COVID, un 87% por debaixo da máxima ocupación desta última onda. Supoñen un 2,09 por cento do total de hospitalizados en camas convencionais, cun descenso de máis do 9% na última semana. No tocante aos pacientes en UCI, 27 segundo os últimos datos, supoñen un 89,37 menos que no pico máximo. Porcentualmente supón unha ocupación do 5,65%, sen variación na última semana.
Vigo, á cabeza das cidades en incidencia acumulada
Carmen Durán explicou que, por cidades, Vigo é a que agora presenta unha maior incidencia acumulada a 7 días, concretamente de 56 casos por 100.000 habitantes. Na Coruña baixou a 49, en Pontevedra a 42, en Santiago a 27, en Lugo e Ourense a 25 e en Ferrol a 15.
Variante brasileña na área sanitaria de Vigo
Confirma Carmen Durán un caso de variante brasileña na área sanitaria de Vigo. Ademais hai unha variante en estudo cunha mutación distinta. Galicia, dixo, "ten a capacidade de secuenciar, investigar e arroxar resultados". Confirmou ademais que o 95% dos casos confirmados en Galicia, son da variante británica.
Sin ningún caso en 142 concellos en 14 días
A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, explica que temos en Galicia unha tendencia estable. Houbo 142 concellos que non notificaron ningún caso de COVID en 14 días, 2 máis que hai unha semana. A taxa de positividade móvese en Galicia entre o 2,4 e o 3%. Ningunha área sanitaria ten taxas a 14 días por riba dos 100 casos por 100.000 habitantes, nin a 7 días por riba dos 50. A que menos casos ten é a área sanitaria de Ferrol, e a que máis a de Vigo, con 95 a 14 días.
Teléfono para os maiores de 80 non vacinados
A Consellería de Sanidade pon a disposición dos maiores de 80 anos que aínda non foron vacinados, e que non renunciaron á vacina, o teléfono 881 00 20 21. Poden chamar de luns a venres entre as 08.00 e as 21.00 horas.
Vacinación de maiores e grandes dependentes
O conselleiro de Sanidade detalla que ata o momento foron administradas en Galicia 588.893 vacinas. Están vacinados 203.596 maiores de 80 anos, o 87% da poboación desta franxa de idade. Dos 14.448 grandes dependentes que hai en Galicia, están vacinados 6.776.
Restricións por concellos
O conselleiro de Sanidade confirma que quedan no nivel máximo de restricións os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.
En nivel alto quedarán A Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.
Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona.
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
As restricións por concellos entran en vigor mañá, e non o venres.
Volvense permitir as reunións de non convivintes
García Comesaña explica que a partir do sábado (a medida entrará en vigor na medianoche do venres ao sábado) poderanse volver a reunir non convivintes nos domicilios. O límite será de 4 non convivintes no interior, e de 6 no exterior.
Os datos en Galicia son "bos"
O conselleiro de Sanidade comeza a rolda de prensa ofrecendo os últimos datos da pandemia en Galicia. A incidencia acumulada a 14 días na comunidade é de 64,86, fronte a 164 da media estatal. A 7 días é de 31,90 fronte a 76,93. Son uns resultados "bos", di García Comesaña, "pero nos gustaría que foran mellores".
Comeza a rolda de prensa