Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 12 mayo 2021
01:00
h

Comeza o estudio de seroprevalencia en España

    SANTIAGO. O Ministerio de Sanidade pon en marcha hoxe o estudo de seroprevalencia nun total de 36.000 fogares españois en municipios de 50 provincias.

    Así o manifestou este domingo o ministro de Sanidade, Salvador Illa, durante a rolda de prensa posterior á reunión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, cos presidentes autonómicos.

    O estudo de seroprevalencia, segundo avanzou Illa, comezará hoxe “coa colaboración de todas as comunidades autónomas” co obxectivo de coñecer “a dimensión real” da pandemia.

    “Dará datos a nivel provincial e local; por idade e sexo; por transmisión comunitaria; e permitiranos ver a evolución dinámica da enfermidade”, explicou Illa.

    Neste sentido, o responsable de Sanidade engadiu que este modelo permitirá, “con tres ondas separadas por 21 días”, ir vendo “como evoluciona a enfermidade”.

    “Estamos a consolidar o descenso, estamos a dobregar a curva. A tendencia indícanos que estamos a consolidar o descenso e definitivamente dobregando a curva”, celebrou o ministro; que destacou que en 40 días pasamos dun índice de contaxios do 35% –o 14 de marzo–, ao 0,8% de onte. REDACCIÓN

    27 abr 2020 / 12:47
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito