Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Descenden os novos positivos de covid-19 detectados en Galicia, ata os 223 en 24 horas

SANTIAGO. EP. Galicia detectou en 24 horas un total de 223 novos positivos por coronavirus, o que supón un descenso nos contaxios con respecto aos últimos días e, máis concretamente, unha importante baixada en relación ao sábado, cando se notificaron 281. Con todo, o número de casos activos subiu este domingo en cinco das sete áreas sanitarias galegas. Segundo o parte diario facilitado pola Consellería de Sanidade, elaborado con datos de última hora do sábado, as persoas curadas subiron até as 16.758, o que implica que se deu de alta a outros 233 pacientes de COVID-19. En canto aos falecementos, nas últimas 24 horas se produciron outros cinco e o total de vítimas da pandemia ascendeu a 715.

Así, os casos activos de covid-19 --é dicir, o número de persoas que contan coa enfermidade-- reportados este domingo descendeu en 15, polo que o total se coloca nos 4.350. En concreto, os datos de Sanidade indican que cinco das sete áreas sanitarias da Comunidade rexistran unha subida no número de casos activos. A que máis crece é a de Ourense, con 527 persoas contaxiadas --18 máis que este sábado--. Tamén ascenden os casos activos en Pontevedra-O Salnés, até 658 (+7); Vigo, até 440 (+9); Santiago, a 637 (+11); e Ferrol, até o total de 184 (+13).

No lado oposto, a área da Coruña e Cee, que continúa acumulando o maior número de casos, baixa este domingo en 45 as persoas coa COVID-19 activa, até 1.178. Así mesmo, caen na área sanitaria de Lugo, até 726 (-18). O número de PCR realizadas até o momento na Comunidade galega sobe a 426.934, fronte ás 421.776 contabilizadas até o venres. É dicir, en 24 horas realizáronse 5.158 probas.

20 sep 2020 / 13:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.