Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Estabilízanse os casos activos en toda Galicia agás en Ourense

O número de novos positivos é de 200 nas últimas 24 horas, nas que houbo que lamentar 8 falecidos polo covid

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de facer pública a última actualización da incidencia do covid en Galicia. Dacordo cos datos, nas últimas 24 horas foron confirmados outros 200 casos positivos.

O número de casos activos de coronavirus é de 4.119, 18 máis que onte. Deles 818 son da área da Coruña, 2 menos, 493 da de Lugo, 2 menos tamén, 1.084 da de Ourense, 47 máis, 667 da de Pontevedra, 18 menos, 412 da área de Vigo, 7 menos, 527 da de Santiago, 1 menos, e 118 da de Ferrol, 1 máis.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 2 menos, 199 en unidades de hospitalización, 5 menos, e 3.885 no domicilio, 25 máis. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.344 persoas curadas, 174 máis, rexistrándose 765 falecementos, 8 máis nas últimas 24 horas.

O número de PCR realizadas é de 515.983.

No tocante aos casos relacionados con escolas infantís e centros educativos, segundo a Xunta o número de positivos é de 425 en toda Galicia, hai 22 aulas pechadas e tódolos centros permanecen abertos.

06 oct 2020 / 14:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.