Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Feijóo explica as novas normas COVID. Minuto a minuto da comparecencia

Este es la plantilla de ECG
15:14 h.

Novos horarios na hostalaría xa o sábado

    A intención da Xunta, segundo Núñez Feijóo, é que xa o propio sábado os bares poidan abrir ata as 23.00 horas e os restaurantes ata as 01.00 horas

    Este es la plantilla de ECG
    15:12 h.

    Ocio nocturno

      A preguntas do xornalistas, o presidente da Xunta confirma que están traballando co ocio nocturno para un paquete de medida económicas concretas.

      Este es la plantilla de ECG
      15:05 h.

      Pfizer e Janssen para os menores de 59 anos

        Co grupo de idade de 59 anos para abaixo empregaranse as vacinas de Pfizer e Janssen que, tal e como lembra Núñez Feijóo, son as autorizadas.

        Este es la plantilla de ECG
        14:57 h.

        Feijóo confía na resposta satisfactoria do TSXG

          Confía o presidente da Xunta en que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acepte as medidas acordadas no último comité clínico, e as que haberá que adoptar nun futuro en función da evolución da pandemia. Núñez Feijóo é optimista no tocante á resposta do alto tribunal galego.

          Este es la plantilla de ECG
          14:52 h.

          As normas entrarán en vigor na medianoite do sábado ao domingo

            A Xunta agarda que as novas medidas poidan ser xa publicadas mañá para a súa entrada en vigor ás 00.00 horas do domingo, coincidindo co remate do estado de alarma.

            Este es la plantilla de ECG
            14:44 h.

            Situación xurídica "moi complexa"

              Feijóo insiste en que unha vez remate o estado de alarma, "comeza unha situación xurídica moi complexa, que lamentamos". É unha "situación inédita en España, e na miña opinión, impropia. Trataremos de xestionar a pandemia con seguridade xurídica, motivando todas as decisións para que reciben a aprobación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Temos que xestionar como se non houbera virus, en plena pandemia". O presidente apela á responsabilidade dos cidadáns. 

              Este es la plantilla de ECG
              14:40 h.

              Residencias e centros de día

                A boa evolución da pandemia nas residencias e nos centros de día, permite tomar medidas menos restrictivas. Deste xeito, nos centros de día que superen o 90% de usuarios vacinados, estes poderán sair a pasear. No caso das residencias, os maiores poderán ir pasar uns días coas familias durante un periodo mínimo de 5 días. Non o poderán facer nos concellos en nivel alto. Á volta realizarase unha PCR. Ademais nas residencias as saídas por semana pasarán de 3 a 5 saídas. Por outra banda, "e despois de máis dun ano sen poder bicarse ou abrazarse nestes centros, permitiremos o contacto físico das visitas".

                Este es la plantilla de ECG
                14:32 h.

                Amplíanse os horarios da hostalaría

                  Amplíanse os horarios da hostalaría. Os bares e cafeterías poderán abrir ata as 23.00 horas e os restaurantes ata as 01.00 horas. Prohíbense as reunións nos domicilios entre non convivintes entre as 01.00 e as 06.00. Esta medida tamén debe ter o visto bo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

                  Este es la plantilla de ECG
                  14:29 h.

                  Elimínase o toque de queda

                    Elimínase o toque de queda na medianoite do sábado o domingo. Ampliarase ata a medianoite o toque de queda o sábado. Manterase o toque de queda ás 23.00 horas nos concellos coas máximas restricións, que son os mesmos que manteñen o peche perimetral. As dúas medidas deben ser autorizadas polo TSXG.

                    Este es la plantilla de ECG
                    14:27 h.

                    Levántase o peche perimetral

                      Desde o domingo Galicia deixa de estar con peche perimetral, polo que calquera persoa de calquera lugar pode vir á comunidade autónoma. Esta apertura pode ter "unha afectación directa na evolución da pandemia". Vaise reforzar o rexistro de viaxeiros, que é obrigatorio, no que deben anotarse as persoas que cheguen a Galicia provintes de lugares con incidencia alta. Faráselles unha proba diagnóstica. Os que cheguen en avión teñen un posto habilitado nos aeroportos.

                      A Xunta proporá que se manteña o peche perimetral nos concellos coas máximas restricións, 5 nestes momentos: Cambados, Vilanova, Cualedro, Laza e Padrón.

                      Este es la plantilla de ECG
                      14:23 h.

                      Menor taxa de positividade

                        Galicia é a comunidade con menor taxa de positividade, do 2,24, mentres que a media nacional é de 6,7. A evolución da pandemia, di Feijóo, "segue a ser boa". O proceso de apertura gradual "está dando resultados".

                        Este es la plantilla de ECG
                        14:21 h.

                        A vindeira semana comeza a vacinación dos menores de 59 anos

                          Galicia é a cuarta comunidade autónoma con máis poboación vacinada cunha dose, concretamente co 36.4%. Esta semana prevese vacinar a 245.000 persoas. A vindeira semana todos os maiores de 60 terán recibida alomenos unha dose, e comezarase coa poboación de 59 anos para atrás.

                          Este es la plantilla de ECG
                          14:19 h.

                          Fundada esperanza, pero non optimismo desaforado

                            Afirma Feijóo que "estamos nunha  nova fase mellor da que había hai meses, pero non pode conducirnos a un optimismo desaforado, senón a unha fundada esperanza".

                            Este es la plantilla de ECG
                            14:18 h.

                            Confirmado outro caso da variante india

                              Unha muller chegada a Galicia procedente de Nueva Delhi está afectada pola variante india, segundo confirma o presidente da Xunta. Sumaríase aos mariñeiros do barco atracado en Vigo. Unha persoa que viaxaba con esta muller, está corentenada. "Temos máis variantes e máis cepas que antes, polo que hai unha incerteza sanitaria latente".

                              Este es la plantilla de ECG
                              14:17 h.

                              "Seguimos nunha situación complexa"

                                O actual exercicio de responsabilidade non rematou, afirma Feijóo. "Esta fin de semana remata o estado de alarma, pero non a pandemia. O virus segue estando activo e seguimos nunha situación complexa. A cuarta ola que Galicia está evitando ten nunha situación comprometida a boa parte de Europa".

                                Este es la plantilla de ECG
                                14:15 h.

                                "O Goberno central desenténdese, nin fai nin deixa facer"

                                  O presidente galego asegura que "a nosa inquedanza é compartida pola maioría dos presidentes autonómicos" e polos xuristas. Lamenta que o Goberno central "volva desoir á maioría" e pareza que agora o estado de alarma, "imprescindible no seu momento, sexa completamente innecesario. A única solución que se ofrece é xudicializar a pandemia, e que sexan os tribunais os que avalen as decisións que haxa que tomar a partir de agora". O Goberno central desenténdese, nin fai nin deixa facer e coloca aos xuíces nunha difícil situación".

                                  Este es la plantilla de ECG
                                  14:11 h.

                                  A nova situación legal supón "moitas incertezas"

                                    Afirma Núñez Feijóo que resulta "difícil entender que non se fixera nada por mudar o marco legal desde que comezou a pandemia". En calquera caso, dixo, Galicia volverá a aceptar a folla de ruta que marca o Goberno. O importante é que os contactos dos positivos por COVID sexan dectados coa maior celeridade posible e "que non se dean pasos atrás". A nova situación legal supón "moitas incertezas". Non se sabe como vai afectar a nova situación aos peches perimetrais nin ao toque de queda.

                                    Este es la plantilla de ECG
                                    14:08 h.

                                    "Volver ao inicio"

                                      O presidente da Xunta afirma que a partir do 9 de maio estaremos na mesma situación pero con menos instrumentos. Non cambiará a pandemia, di Alberto Núñez Feijóo, pero si mudarán radicalmente "os instrumentos que as administración imos ter para o control do virus e da pandemia. Na práctica, o novo contexto xurídico retrotraeranos ao principio de todo, como se non tiveramos aprendido nada".

                                      Este es la plantilla de ECG
                                      14:05 h.

                                      Comeza a rolda de prensa

                                        06 may 2021 / 11:33
                                        • Ver comentarios
                                        Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                        Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.