Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Francia, Reino Unido e Cataluña incorpóranse á lista de lugares da Xunta con rexistro obrigatorio

SANTIAGO. EP. A Consellería de Sanidade ampliou a 14 países europeos, entre eles Francia e Reino Unido, a obrigatoriedade de rexistro para as persoas que visiten Galicia. Ademais, Cataluña e Ceuta incorporáronse á listaxe de territorios do resto do Estado español, do que saíron Estremadura e Cantabria. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a actualización dos territorios que, pola incidencia da pandemia da COVID-19, están incluídos no rexistro de viaxeiros que cheguen á Comunidade e que deben comunicar ás autoridades a súa procedencia. A lista europea é a que máis lugares suma, até acumular un total de 14. Destes, nove son de nova incorporación --Reino Unido, Francia, Armenia, Países Baixos, O Vaticano, Islandia, Reino Unido, Xibraltar e Moldavia-- e outros cinco se manteñen --República Checa, Acerbaixán, Andorra, Kósovo e Montenegro--.

En canto ao continente americano, saen do listado Porto Rico e as illas de Bonaire, San Eustaquio e Saba e San Martín, mentres entran as Bahamas. Ademais, continúan como lugares de comunicación obrigatoria Arxentina, Aruba, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua e República Domunicana. Na última actualización, a principios de outubro, eliminouse a Brasil, Colombia, Panamá e Perú dunha listaxe no que permanecían desde a súa posta en marcha a finais do mes de xullo.

Entre os países de Asia, a Xunta tan só incorporou Líbano, mentres mantivo o resto: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kirguistán, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.

En canto ás comunidades autónomas de obrigada comunicación, saíron Cataluña e Cantabria e incorporáronse Cataluña e Ceuta a unha listaxe no que continúan Aragón, Castela-A Mancha, Castela e León, Madrid, Melilla, Murcia, Navarra, País Vasco e A Rioxa.

17 oct 2020 / 15:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.