Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galicia ampliará a 7 días o rastrexo de contactos cun positivo

O conselleiro de Sanidade reitera a súa precupación pola falta de ferramentas cando o 9 de maio se poña fin ao estado de alarma e aos peches perimetrais

Este es la plantilla de ECG
12:28 h.

Limitación da mobilidade nocturna

    A ferramenta do toque de queda, que desaparecerá o 9 de maio, é segundo García Comesaña "útil e importante". A partir dese día Galicia terá que tomar medidas de forma "motivada" para conter a pandemia, algo que agora non é preciso no caso da limitación da mobilidade nocturna porque esta "é autonómica".

    Este es la plantilla de ECG
    12:22 h.

    Número de rastrexadores

      En principio, e segundo o conselleiro de Sanidade, non se vai incrementar o número de rastrexadores malia ampliar a 7 días os rastrexos.

      Este es la plantilla de ECG
      12:13 h.

      Vacinación do grupo de 65 a 69 anos

        A vacinación do grupo de 65 a 69 "está pendente da chegada de vacinas. Se a vindeira semana tiveramos dose suficientes de AstraZeneca, iniciaríase a vacinación". Urxe saber tamén que vai pasar coas segundas dose de AstraZeneca.

        Este es la plantilla de ECG
        12:11 h.

        Lei de saúde e estado de alarma

          O conselleiro recoñece a súa preocupación polo recurso do Goberno central á lei galega de saúde pública, e polo que poidan facer as comunidades autónomas unha vez remate o estado de alarma.

          Este es la plantilla de ECG
          12:09 h.

          Mantense a corentena para os contactos estreitos

            Carmen Durán confirma que se mantén a corentena para os contactos estreitos, aínda que se amplíe o rastrexo de 2 a 7 días. Para os da ampliación "vaise pedir a proba PCR pero non se van corentenar".

            Este es la plantilla de ECG
            12:06 h.

            Rastrexos ampliados en 7 ou 10 días

              A directora xeral de Saúde Pública explica que en 7 ou 10 días podería iniciarse en toda Galicia o rastrexo ampliado de contactos estreitos cun positivo. Haberá segundo Carmen Durán unha pilotaxe dunha semana aproximadamente, en zonas concretas con interacción social como poden ser a hostalaría ou o ámbito laboral. Non descarta, nun momento dado, facelo tamén noutros lugares como os centros educativos.

              Este es la plantilla de ECG
              12:04 h.

              Apertura do ocio nocturno a partir de xuño

                O conselleiro confirma que esta semana se van reunir co sector do ocio nocturno. De cara ao mes de xuño, di, e "cunha vacinación importante da poboación de máis de 60 anos, non descartaríamos ir facendo algunha apertura. Faremos algunha proba piloto".

                Este es la plantilla de ECG
                12:03 h.

                272.000 galegos recibiron a pauta completa

                  O conselleiro de Sanidade explica que hai xa 742.000 galegos vacinados cunha dose, e 272.000 coa pauta completa. Ademais, o 99% dos maiores de 80 anos xa están vacinados. O 75% do grupo de persoas entre 70 e 79 anos xa recibiron unha dose, porcentaxe que baixa ao 34% no caso da poboación de entre 60 e 69 anos. O 87% dos grupos esenciais xa ten a súa dose e, segundo García Comesaña, o 70% dos pacientes de risco están vacinados. Estes días procederase a poñer a segunda dose das vacinas, en concreto 100.000 de Pfizer e 23.000 de Moderna.

                  Este es la plantilla de ECG
                  11:58 h.

                  "Tódalas vacinas son seguras"

                    O doutor José Luis Muiño, que traballa na atención primaria en Ourense, afirma que "estamos vendo a luz ao final do túnel". Galicia, dixo,  "ten unha excelente atención primaria cunha gran capacidad para vacinar. Non podemos baixar a garda. Debemos seguir mantendo a prudencia, o uso da máscara, a hixiene de mans e a ventilación cando esteamos en lugares pechados". Insiste en que os pacientes deben acudir presencialmente á atención primaria cando sexa necesario, e programar a cita cando se teña un síntoma respiratorio. Reitera o doutor Muiño que "tódalas vacinas son seguras". Pide que todo o mundo se vacine, porque "os efectos secundarios son extremadamemte raros. Sairemos desta pandemia con vacinación e con prudencia".

                    Este es la plantilla de ECG
                    11:53 h.

                    Situación asistencial tamén estable

                      José Flores, xerente do Sergas, fala tamén de situación asistencial "estable". Desde atención primaria faise o seguimento dos 2.841 pacientes que están a pasar o COVID nos seus domicilios. O 61 continúa coa súa actividade a nivel basal, con 2.800 chamadas onte, o 8% delas relacionadas co COVID. A ocupación das urxencias tamén está nun nivel basal, e a dos circuitos respiratorios están por debaixo do 15%. Segundo Flores, os pacientes COVID ocupan o 2,20% da capacidade máxima dos hospitais. En planta o número de ingresados é o mesmo que a semana pasada. En UCI hai 3 pacientes máis que hai 7 días.

                       

                      Este es la plantilla de ECG
                      11:48 h.

                      Amplíase de 2 a 7 días atrás o rastrexo dos contactos estreitos cun positivo

                        A directora xeral de Saúde Pública confirma que os expertos decidiron ampliar a 7 días atrás, en lugar dos 2 actuais, o rastrexo dos contactos estreitos dun positivo. Tamén se tomarán como referencia lugares concretos como unha reunión familiar ou social importante.

                        Este es la plantilla de ECG
                        11:46 h.

                        Variantes

                          Carmen Durán confirma que a día de hoxe un 93% dos casos de COVID en Galicia corresponden á variante británica, 240 deles con secuenciación completa, 27 á sudafricana, 14 deles só informados,  23 da variante brasileña P1 e un da P2.  

                          Este es la plantilla de ECG
                          11:45 h.

                          Boa evolución no Barbanza

                            A directora xeral de Saúde Pública confirma a boa evolución dos datos na comarca do Barbanza. 

                            Este es la plantilla de ECG
                            11:41 h.

                            Situación de "estabilidade, cunha tendencia crecente"

                              A directora xeral de Saúde Pública explica que a situación epidemiolóxica de Galicia é "de estabilidade, cunha tendencia crecente". Segundo Carmen Durán, a incidencia acumulada a 7 días é de entre 47 e 50 casos por cada 100.000 habitantes. A 14 días movémonos entre os 95 e os 99 casos. A nivel nacional, a incidencia acumulada a 7 días é de 95 e a 14 de 233. Galicia segue "moi por debaixo".

                              Nos últimos 15 días, 138 concellos non notificaron ningún caso, e nos últimos 7 días , 179. 2,46

                              Do 17 a 23 de abril fixéronse en Galicia 66.789 pruebas para a detección do COVID, unas 2.470 por cada 100.000 habitantes, "moi por encima dos 1.729 da media española". Para esta semana serán citadas para os cribados unhas 52.700 personas.

                              A área sanitaria con menor incidencia acumulada a a 7 días é Ferrol con 20, e a de Vigo a que ten a incidencia acumulada máis alta, con 79. Entre as principais cidades galegas, Vigo é o concello con maior taxa a 7 días con 87, fronte a Ferrol con 26. A 14 dias, Santiago é a urbe coa incidencia acumulada máis baixa, con 40. Durán recoceñece que o Sergas está preocupado pola evoluciónda pandemia na área de Vigo.

                              Este es la plantilla de ECG
                              11:32 h.

                              Restricións por concellos

                                Explica o conselleiro de Sanidade que na xuntanza de onte do comité clínico acordouse o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras. 

                                Así mesmo, os expertos tamén determinaron o nivel alto de restricións nos concellos de Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco. 

                                Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais de Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares. 

                                No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 30 de abril.

                                Este es la plantilla de ECG
                                11:29 h.

                                Comeza a rolda de prensa

                                  28 abr 2021 / 10:39
                                  • Ver comentarios
                                  Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                  TEMAS
                                  Tema marcado como favorito
                                  Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.