Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 27 noviembre 2021
13:43
h

Galicia recibe tantas vacinas como maiores de 80 anos ten

Por primeira vez, esta semana chegaron á comunidade o 8,2% das dose de Pfizer para toda España. Son 43.297 dose

Na rolda de prensa deste mércores dos responsables do Sergas tras a reunión de onte do comité clínico, tamén se abordou o proceso de vacinación contra o COVID en Galicia. O conselleiro de Sanidade confirmou que esta semana, por primeira vez, Galicia recibiu as dose que lle corresponden en función da poboación maior de 80 anos, é dicir, un 8,2% do total das chegadas a España. Supoñen 43.297 dose da farmacéutica Pfizer.

Julio García Comesaña explicou que ata este momento “levamos administradas 233.316 vacinas: 184.620 de Pfizer, 6.367 de Moderna y 42.329 de AstraZeneca”. Recibiron unha soa dose 115.163 galegos, e dúas 59.072. Entre os primeiros figuran 42.594 maiores de 80 anos, dun grupo de case 234.000 cidadáns.

Ademais de continuar a vacinación desta parte da poboación, tamén segue a dos docentes, a dos grandes dependentes e a dos sanitarios das clínicas privadas. Ademais, esta semana comezou a inmunización dos inspectores sanitarios, da Policía Nacional e autonómica, e dos funcionarios de prisións non sanitarios.

03 mar 2021 / 14:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.