Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galicia suma 6 positivos máis por covid

O número de persoas hospitalizadas é de 19, unha menos, das que dúas están na UCI

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 412, 6 máis que onte. Deles, 156 son da área da Coruña, 5 menos, 73 da de Lugo, un menos, 32 da de Ourense, 3 máis, 41 da de Pontevedra, 6 máis, 75 da área de Vigo, un máis, 30 da de Santiago, dous máis, e 5 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 17 en unidades de hospitalización, un menos, e 393 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.369 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 258.978.

06 ago 2020 / 11:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.