Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Insisten na reapertura da fronteira con Portugal

protesta. . “Só queremos que abran os pasos para as persoas traballadoras transfronteirizas. Non pedimos máis que nos deixen sobrevivir”. Así de clara e desesperada foi a reivindicación que onte novamente realizaron os alcaldes, alcaldesas, presidentes de câmaras miñotos e o director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, nunha nova protesta, esta vez no medio e medio da ponte entre Salvaterra e Monçao, pechada o 17 de marzo e pola que ata entón pasaban 10.000 vehículos ao día.

Foi o propio director do Uxío Benítez quen quixo aclarar que a reivindicación non se trata de abrir ao turismo con carácter xeral os dous países: “Nós estamos a reivindicar algo moito máis xusto e moito menos preocupante dende o punto de vista sanitario; que os cidadáns e cidadás europeos transfronteirizos poidan facer aquí a súa vida natural. Como fixeron sempre”, subliñou. r.e.d.

08 jun 2020 / 20:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito