Minuto a minuto. Prohibidas as reunións de non convivintes ata despois da Semana Santa
A hostalaría poderá estar aberta ata as 21.00 horas. Nos municipios co nivel máis baixo de restricións o aforo das terrazas amplíase ao 75% e no interior ao 50%
Non hai límites de mobilidade
A situación global de Galicia é "francamente positiva". Por ese motivo, salvo os tres municipios que quedan coas restricións máximas, Vilardevós, Paradela e Maside, no resto da comunidade estará permitida a mobilidade.
"Non obrigamos a vacinarse a ninguén"
Preguntado polo recurso do Goberno central contra a Lei de Saúde de Galicia, Núñez Feijóo afirma que a asesoría xurídica e o goberno tamén están convencidos de que "non estamos a incumprir ningunha norma. A nosa responsabilidade é protexer a saúde dos galegos". Reitera que "non obrigamos a vacinar a ninguén". O único que fai Galicia, suliñou, é dotarse dunha seguridade xurídica fronte a situacións como as xeneradas pola pandemia que estamos a vivir.
Reunións en domicilios
Lembra Núñez Feijóo que hai un acordo nacional para ser moi cautelosos coas reunións de persoas non convivintes nos domicilios. A única posibilidade de facelo, insiste, é no ámbito da hostalaría: 6 persoas como máximo nas terrazas, e 4 como máximo no interior. A medida terá vixencia durante toda a Semana Santa.
Vacuna AstraZeneca
Confirma que hai tres pacientes en España, unha delas falecida, que recibiran a vacina de AstraZeneca. Feijóo pide celeridade para esclarecer o ocorrido. Aboga por ser cautelosos e examinar os casos detectados entre millóns. Está en xogo, di , a inmunización de millóns de persoas.
"Empeza a verse o final do túnel"
O presidente da Xunta confía en que non haxa que dar marcha atrás ás medidas en vigor.
Revisaranse as medidas a finais de mes
A finais de mes haberá unha nova reunión, sobre o 29 ou o 30, e se revisarán de novo as medidas
Amplíanse os aforos na hostalaría
Nos concellos co nivel de restricións máis baixo, o aforo das terrazas dos locais de hostalaría amplíase ao 75%, e no interior ao 50%. Os establecementos poderán estar abertos ata as 21.00 horas.
Hostalaría aberta ata as 21 horas
Segundo está a detallar Núñez Feijóo, a hostalaría, coas restricións en vigor en función da situación na que se atopen os concellos, poderá estar aberta ata ás 21.00 horas
Só poderán reunirse nos domicilios os convivintes
As medidas adoptadas na última reunión do comité entrarán en vigor o 19 de marzo e volverán ser revisadas para a Semana Santa. Só poderan reunirse nos domicilios as persoas convivintes
Evitar repunte de contaxios e a cuarta ola
O presidente fai referencia á responsabilidade da poboación galega e pide seguir facendo esforzos para evitar o repunte de contaxios e unha cuarta ola
Evolución positiva da pandemia
Segundo os datos de Núñez Feijóo, a incidencia acumulada en Galicia a 14 días é de 76.9, cando chegou a estar en 779 casos por 100.000 habitantes. A sete días a incidencia é de 35.5, fronte ao 70 da media estatal. A ocupación da UCI por pacientes COVID é do 8%, mentres a media estatal é do 20%. A taxa de positividade é do 2,1%. Galicia é a segunda comunidade coa taxa máis baixa, só por detrás de Baleares
Vacinas de AstraZeneca
Confía en poder seguir adiante co proceso de vacinación con tódalas garantías, tanto cos viais de AstraZeneca como cos outros xa aprobados e os que o será proximamente
A vacinación dos maiores de 70, a finais de abril
Antes de que remate o mes de abril poderían estar vacinadas tódalas persoas de máis de 80 anos, e a partir dese momento iniciaríase a vacinación dos maiores de 70 anos. Todo depende de que sigan chegando as vacinas segundo o establecido.
Só o 7% da poboación galega vacinada
Na rolda de prensa, o xefe do executivo galego detallou que en Galicia hai 95.809 persoas vacinadas xa coas dúas dose. Entre estas persoas e as que xa superaron o COVID, están inmunizadas na comunidade 206.000 persoas, "só o 7% da poboación"
Creación de unidades postcovid
Núñez Feijóo anuncia a creación de sete unidades post-COVID nas sete áreas sanitarias de Galicia para facer un seguemento dos pacientes
Case un 90% menos de casos activos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, detalla que os casos activos de COVID en Galicia cos últimos datos son un 88% menos que en xaneiro. No caso da UCI o descenso foi do 77%, e a ocupación de camas de hospitalización convencional por pacientes de coronavirus baixaron un 80%
Comeza a rolda de prensa