Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Minuto a minuto. Sigue la tendencia a la baja en la comunidad gallega

O conselleiro de Sanidade confirma que a comunidade recibiu doses do lote retirado noutros países. Lembra que “nin a Axencia Española do Medicamento nin a Axencia Europea do Medicamento pediron inmovilizar ese lote nin parar a vacinación”

Este es la plantilla de ECG
13:43 h.

Remata a rolda de prensa

    Este es la plantilla de ECG
    13:39 h.

    Galicia seguirá vacinando cos viais de AstraZeneca

      O conselleiro de Sanidade confirmou que Galicia tamén recibiu doses do lote da vacina de AstraZeneca retirado noutros países por problemas de trombos. Julio García Comesaña sinalou que teñen toda a información ao respecto e que seguirán vacinando con ela porque polo momento "nin a Axencia Española do Medicamento nin a Axencia Europea do Medicamento pediron inmovilizar ese lote nin parar a vacinación. Recibimos ese lote e estamos mirando quen recibiu a vacina. Non imos facer nada diferente do que se recomenda".

      Este es la plantilla de ECG
      13:36 h.

      Cribados na estación de tren e no aeroporto da Coruña

        Haberá cribados na estación de trens da Coruña e tamén no aeroporto de Alvedro, que máis adiante poderían estenderse ao resto de Galicia.

        Este es la plantilla de ECG
        13:34 h.

        Concellos en nivel máximo

          Os concellos que quedan esta semana en nivel máximo son A Mezquita, Boborás, Vilardevós, Paradela e Pontecesures.

          Este es la plantilla de ECG
          13:33 h.

          Concellos en nivel alto de restricións

            Quedan en nivel alto de restricións os concellos de Sobrado, Soutomaior, Chantada e Arteixo. Ademais quedan en vixiancia especial os municipios de Bóveda, Castroverde, Carballeda, Coles, Leiro e Maside. Desde Sanidade estarán pendentes da súa evolución.

            Este es la plantilla de ECG
            13:31 h.

            Concellos que pasan a nivel medio

              O conselleiro de Sanidade confirmou que os concellos que pasan de nivel alto a nivel medio son os de A Pobra do Brollón, Lourenzá, Cariño, Mugardos, Guitiriz, Vilanova de Arousa e Ponte Caldelas.

              Este es la plantilla de ECG
              13:29 h.

              Situación asistencial

                O doutor José Flores fala de satisfación no tocante á situación asistencial. En Atención Primaria baixaron moito os casos, pero continúan a facer o seguemento de 2.600 persoas.

                O teléfono do 061 recibiu unhas 2.700-2.800 chamadas diarias, o 10% delas relacionadas coa COVID.

                No tocante ás urxencias, seguen a manter os circuitos de ocupación por pacientes COVID en torno ao 14%. A asistencia ás urxencias dos hospitais galegos está en nivel basal, habitual para esta época do ano. 

                Polo que respecta á ocupación hospitalaria, un 3,7% das camas de hospitalización convencional están ocupadas por pacientes COVID, cunha caída do 16% nos últimos 7 días (257 camas ocupadas). Nas unidades de críticos a ocupación por pacientes con coronavirus é do 14,2%, un 20% menos.

                Este es la plantilla de ECG
                13:18 h.

                Incidencia á baixa na Pobra do Brollón e Lourenzá

                  A Pobra do Brollón baixa a nivel medio porque malia ter unha incidencia de 428 casos a 14 días, esta era de cero a 7 días. O mesmo ocorreu con Lourenzá. Noutros concellos como Arteixo a evolución aínda non é boa, de aí que continúa no mesmo nivel.

                  Este es la plantilla de ECG
                  13:15 h.

                  Galicia, á cabeza na realización de probas

                    Galicia segue a ser a primeira comunidade en realización de probas, con 3.465 por 100.000 habitantes, cando a media española é de 1.660,75.

                    Este es la plantilla de ECG
                    13:14 h.

                    A situación epidemiolóxica segue mellorando en Galicia, pero a menor ritmo

                      Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública afirma que a situación epidemiolóxica é moi semellante a hai uns días. O número reproductivo instantáneo segue por debaixo de 1. A incidencia acumulada segue baixando e a 7 días Galicia está en 35 casos por 100.000 habitantes. A 14 días está en 83. Segue descendendo, pero a un ritmo menor.

                      Este es la plantilla de ECG
                      13:11 h.

                      Comeza a rolda de prensa

                        12 mar 2021 / 10:02
                        • Ver comentarios
                        Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                        TEMAS
                        Tema marcado como favorito
                        Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.