Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 08 diciembre 2021
16:46
h

O covid avanza en Galicia con 309 positivos máis pero contense a presión hospitalaria

O total de casos activos é de 3.139. Hai 5 persoas máis hospitalizadas e mantéñense en 12 os pacientes na UCI

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.139. En comparación cos datos de onte, a cifra supón un incremento de 200 enfermos, tras a detección de 309 novos positivos e a alta de 109 pacientes.

Do total de casos activos, 1.351 son da área da Coruña, 47 máis, 547 da de Lugo, 65 máis, 292 da de Ourense, 26 máis, 187 da de Pontevedra, 8 máis, 189 da área de Vigo, 4 máis, 450 da de Santiago, 46 máis, e 123 da de Ferrol, 4 máis.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, igual que onte, 100 en unidades de hospitalización, 5 máis, e 3.027 no domicilio, 195 máis. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.292 persoas curadas, 109 máis, rexistrándose 635 falecementos. Non se rexistrou ningunha morte nas últimas horas.

O número de PCR realizadas é de 322.198.

28 ago 2020 / 11:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.