Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 25 mayo 2020
04:11
h

O sector lembra a Sánchez que, como a UE, está obrigado a apoiar o turismo sen fisuras

A patronal marca o 15 de xuño como límite para reiniciar a súa actividade clave na economía

A Mesa do Turismo estima en 40.000 millóns de euros as perdas acumuladas ata finais de maio, dun sector que se atopa nunha situación crítica, e que redoblará estas perdas, superando os 80.000 millóns de euros de non reactivarse de inmediato. Cando a actividade turística supón para as arcas do Estado, un 12,5% do PIB e un 14% do emprego do país.

Sobre esta situación límite que acucia ao turismo versa a carta aberta emitida pola Mesa do Turismo e dirixida ao conxunto do sector, na que a patronal turística marca o 15 de xuño como data límite para o reinicio da súa actividade. A Mesa lémbralle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a súa obriga de apoiar sen fisuras ao sector, tal e como se ten feito xa noutos estados da Unión Europea, como é o caso de Francia onde o Executivo de Macron ten inxectado 18.000 millóns de euros ao sector turístico.

“O turismo é unha ‘empresa’ da que somos accionistas todos os españois” reza a misiva, que fai referencia á contribución que realizou o sector á superación da anterior crise do 2008, e que na situación actual precisa recuperar o pulso económico canto antes. Para o que a Mesa entende que hai seis medidas que deberían adoptarse con celeridade para facilitar o reinicio da actividade.

A derogación das taxas turísticas, é a primeira delas, a súa suspensión exercería, en verbas da Mesa, “un efecto positivo na activación da demanda”. Non é a única das disposicións que versa no senso de reactivar a demanda, pois propoñen tamén a restauración da mobilidade; fomentando a mobilidade interna, reabrindo as fronteiras e facilitando a conectividade aérea; e a posta en marcha dun plan de comunicación dirixido a trasladar unha mensaxe clara aos turistas estranxeiros: “España é segura e sodes benvidos”.

Propón a patronal turística intervencións no ámbito laboral, fiscal e financieiro. No laboral cren preciso prorrogar os ERTE ata fin de ano, destacan o acerto do Goberno en desvinculalo do estado de alarma mais piden unha moratoria máis ampla.

No financieiro, demanda o sector a revisión de facilidades nos créditos do ICO, ao ter en conta que moitos dos créditos concedidos vencerán entre marzo e abril do vindeiro ano, pero moitas empresas non terán a posibilidade de amortizalos ao ver mermada a súa facturación.

Por último, no plano fiscal, a Mesa reclama a aplicación dunha taxa do IVE reducido ao 7%, para manter a competividade de España xa que países como Francia xa recurriron a esta medida.

O Goberno cre na cautela ao reabrir fronteiras. O Executivo está convencido de que o calendario de desescalada e reapertura de fronteiras é prudente e garantista, e contribuirá a a que España sexa percibida como un destiño seguro no momento en que estas volvan a abrirse ao turismo, explicaron este venres fontes diplomáticas; na liña dunha das demandas que realizaba a Mesa do Turismo.

A posición do Goberno é que as fronteiras se abran cando se poida demostrar que a situación sanitarian española é a adecuada, cousa que non está prevista ata que remate a fase 3, cuxo inicio no plan de desconfinamento estaba previsto para o 8 de xuño, polo que todo indica que ata aquel momento o sector turístico deberá beber dos visitantes nacionais.

O Goberno está, ademais, discutindo as condicións para esta rapertura, de modo que cando cada país tome a descisión ríxase por unha serie de principios comúns, entre eles a non discriminación entre cidadáns da área Schengen.

Así, o debate en Europa está en decidir os criterios e controeis sanitarios en fronteira, as medidas de seguridade en transportes, aloxamentos e aeroportos. Todo isto en referencia ás fronteiras entre países Schengen xa que a fronteira exterior, que polo momento está pechada ata o 15 de xunio tal e como anunciou o Executivo, tardará máis en abrirse segundo fontes diplomáticas.

En canto ao resto de países, segundo un reconto elaborado por Exteriores, a maioría dos países da área Schengen esixen ou aconsellan algún tipo de corentena para os viaxeiros. Italia farao ata o 3 de xuño e Grecia ata o 15; Malta tamén impón 14 días, igual que Eslovaquia, Polonia, Lituania, Letonia ou Noruega. Fose da área Schengen, Reino Unido e Irlanda tamén impoñen corentena de 14 días.

O Goberno francés de Macron, por exemplo, non a impuxo aos países da área Schengen, salvo por reciprocidade –como aconteceu o caso de España–, nin tampouco Luxemburgo nin Suíza.

22 may 2020 / 22:47
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.