Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Obxectivo urxente: prever problemas sanitarios futuros e axudar aos máis desfavorecidos

Están recentes as eleccións autonómicas con maioría absoluta e caras novas. Considera que para mellor? En que medida influirá este resultado nas nosas vidas?

Sempre se agarda que unha nova lexislatura traia consigo melloras, sobre todo en sanidade, educación e cultura. Supoño que un goberno estable en Galicia axudará á recuperación tras a pandemia.

Como dixo o elixido presidente Feijóo nas súas primeiras manifestacións, pensa gobernar para todos os galegos e paréceme unha posición de respecto cara á oposición e de coherencia política, tendo en conta que Galicia é un país múltiple.

Aínda nos están a golpear as consecuencias polo coronavirus. Que debemos facer?

Aprender das dificultades. Investir en investigación, educación e sanidade. Preparnos para o futuro, ser capaces de dar respostas áxiles e efectivas en sanidade.

Practicou o teletraballo? Con que resultados? Considera que chegou para quedar?

Na pedida que puiden claro que o practiquei, con bos resultados, xa que era o único medio para desenvolver o traballo diario. O teletraballo, sempre que sexa posible, quizais chegou para quedarse e permita un mellor equilibrio familiar e profesional e unha actualización das capacidades técnicas.

Cambiarán moito as súas vacacións? Onde as gozou no pasado e que fará este verán?

Non, sigo dende fai corenta anos veraneando no mesmo lugar, en Nebra, Porto do Son, e non cambiarei este escenario privilexiado polo seu entorno, as súas praias e a súa xente. Agardemos que saibamos conservar o que temos: natureza, medio ambiente, tradición e respecto polo mundo rural.

Que se pode facer nun mundo tan desigual con millóns de persoas desnutridas, desprazadas, enfermas e sen recursos tras a pandemia?

Mellorar a economía, prever dificultades sanitarias futuras, investir en educación e cultura, non deixar sen axuda os máis desfavorecidos.

Para quen o seu aplauso nestes meses negros e quen merece o seu rexeitamento?

O meu aplauso é para todas as persoas que, con independencia das súas tendencias, souberon estar á altura e cumpriron coas normativas ditadas polo Goberno e polas comunidades autónomas, cun recordo especial cara os nosos maiores falecidos por esta pandemia e para os seus coidadores e coidadoras. O meu rexeitamente para aqueles que se saltaron as normas e non tiveron en conta o dano que puideron causar aos cidadáns.

O uso das máscaras levanta polémica en certos ámbitos. Parécelle que as medidas adoptadas son as máis convenientes para “salvarnos” do virus?

É difícil contestar con rigor, os epidemiólogos din, en xeral, que a máscara é útil, pero hai discrepancias. Pero as recomendacións hai que cumprilas e agardar que axiña teñamos vacina.

Teme que as consecuencias económicas poidan variar substancialmente a nosa existencia?

A economía condiciona a vida das persoas, por iso son positivas a estabilidade, a axuda e solidariedade europea e confiar en que as cousas meLlorarán.

Cre que, como indica unha enquisa, os mozos de hoxe vivirán peor que seus pais?

É posible a curto prazo, pero agardemos que as perspectivas melloren no futuro.

En que orde de preferencia situaría familia, profesión, estudo, relevancia social ou amigos?

Familia, profesión, amigos, estudo, relevancia social.

Dentro das súas responsabilidades profesionais, en que proxecto está centrado agora?

A pesar da miña idade, sigo, dende outra perspectiva, atendendo todo o que rodea os asuntos do dereito do mundo do mar, actividades de portos, etc, que foron sempre a miña vida. Sen esquecer a miña dedicación á arte e ao Museo do Gravado de Artes (Ribeira). Un museo radicado no mundo rural único en España, cunha Biblioteca Ilustrada tamén única con volumes a partir do século XVI que está pendente de inaugurar.

Algunha persoa tivo influencia en momentos clave da súa vida? Cal é o mellor consello que recibiu e de quen?

Os meus pais, a humildade, cariño e educación que recibín deles, esa é a mellor herdanza que tratei de respectar e cumprir.

17 ago 2020 / 00:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito