Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os concellos galegos buscan alternativas á cita previa nas praias

A Xunta e a Fegamp traballarán xuntos noutras aplicacións para controlar aforos

Inviable. Deste xeito calif´icou o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, a aplicación dun sistema de cita previa para acudir aos areais este verán.

Fíxoo durante unha xuntanza mantida onte cos conselleiros de Cultura e Turismo, Román Rodríguez e Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, así como coa directora da Amtega, Mar Pereira. Nesta reunión, Varela amosouse proclive a explorar, nunha mesa de traballo coas autoridades galegas outras aplicacións das novas tecnoloxías para controlar o aforo dos areais fixado polo Goberno central.

A Fegamp aduce diversos motivos para rexeitar o plan de cita previa proposto pola Xunta e que funciona con éxito en praias como a lucense das Catedrais. Entre eles, os concellos destacan os altos requerimentos de persoal para aplicar o sistema, ao “deixar fóra” ás persoas con pouco ou ningún acceso ás novas tecnoloxías ou a grandísima variedade de areais que posúe a comunidade –contando con praias urbanas, pequenas calas e mesmo areais naturais de enorme extensión–, o que complica enormemente os controis de acceso.

Durante o encontro, o Goberno autonómico informou á Fegamp das ferramentas e información existentes, que os concellos poden usar voluntariamente para cumplir coas directrices e limitacións indicadas polo Goberno central. Entre outros elementos, a Xunta pon a disposición das localidades o visor do Catálogo de Praias de Galicia, que ofrece datos sobre a superficie de cada areal, unha información útil para establecer aforos máximos.

Varela puxo en coñecemento dos concellos o traballo que moitas entidades locais están xa levando a cabo nun proceso de análise para implementar medidas de control de aglomeracións, “á espera de guías e instrucións” concretas que axuden ao cumplimento das regras de desescalada e a nova normalidade. Os conselleiros reiteraro a súa disposición a colaborar e mostraron o seu “respeto” polas distintas fórmulas avanzadas polos rexedores para tal fin.

A nota de prensa que emitiu a Fegamp tras a conversa mantida co Executivo galego expón que “a Xunta informoulle de que finalmente desestima o sistema de citas”. Non obstante, fontes da Consellería de Turismo indicaron a este xornal que o sistema non se ten desestimado e que o Executivo continúa poñendo en man dos concellos galegos esta fórmula para quen voluntariamente queira adopatala.

Dende o órgano que lidera Varela consideran ademais, que o sucedido co programa da citación para os areais “é unha mostra da necesariedade de que os concellos participen conxuntamente na toma de decisións e na elaboración de plans estratéxicos”. Demandan así máis coordinación entre administracións e a creación de mesas de traballo conxuntas, como a que manterán agora coa Amtega.

20 may 2020 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito