Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ourense concentra oito de cada 10 positivos detectados nas escolas galegas desde o sábado

Román Rodríguez defende que os centros funcionan como “cortalumes” contra o virus e minimiza a transmisión comunitaria

SANTIAGO. EP. Oito de cada 10 novos casos nos centros escolares galegos desde o sábado producíronse en colexios da área de Ourense, a máis afectada actualmente pola pandemia en Galicia, con máis dun milleiro de casos de covid-19 activos e 142 positivos nos seus centros educativos. Así o avanzou este martes o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, durante a súa comparecencia a petición propia na Cámara galega, onde informou de que Galicia conta, con datos deste luns, 425 positivos en centros educativos, 50 máis que os notificados o sábado, no último parte da Xunta.

Destes 50 casos máis, segundo informa o parte da Xunta, o 80% sitúanse en centros da área de Ourense, que crece en 40 escolares infectados de coronavirus, até os 142. Pola contra, baixa o cómputo de estudantes afectados na área de Vigo, con seis casos menos, até 37; en Lugo (-5), onde se rexistran 44 e en Ferrol (-2), con nove infectados.

Pola súa banda, a área da Coruña aumenta en 17 casos, até os 93, e Santiago sobe tres, até 46 escolares afectados, a mesma cantidade que se elevan os casos na área de Pontevedra, onde son 54.

A pesar do incremento nos contaxios, Galicia rexistra esta semana seis aulas pechadas menos que a anterior, un total de 22. Concretamente, mantéñense pechadas 12 aulas na área de Vigo e catro na de Pontevedra, mentres que en santiago hai dúas (-1), en Lugo una (-1) e en Ourense tres (-4). Nin a área da Coruña nin a de Ferrol rexistran, polo momento en peche de ningunha aula. Tampouco hai ningún centro pechado en toda a Comunidade.

IMPORTANTE AUMENTO EN OURENSE

En consonancia cos datos epidemiolóxicos da área de Ourense, onde máis están a subir os contaxios nestes momentos, os colexios ourensáns tamén están a ser os máis afectados pola covid-19.

En concreto, o virus afecta a preto de 60 centros en toda a área sanitaria, dos que a metade están na capital provincial. De feito, é na cidade de Ourense onde están os casos que máis preocupan, o do CEIP As Mercedes, con 12 positivos, e o do CPR Plurilingüe Santo Ángel, onde desde o venres detectáronse oito novos casos, até 12.

Entre os centros que se incorporan á listaxe da Xunta na cidade de Ourense están o CPR San Pío X --cun caso--, o CPR Plurilingüe San José --cun caso--, o CEIP Plurilingüe Albino Núñez --tres casos-- e a EASD Antonio Frailde --1 caso--.

Así mesmo, rexístranse novos contagios noutros colexios, como o CPR María Auxiliadora, con catro novos positivos, até oito; o CPR Luís Vives, que suma dous, até tres; ou o Amadeo Rodríguez Barroso, que tamén suma dous, até tres casos.

A nivel provincial súmanse á listaxe de centros con positivos o CEIP Padre Feijóo de Allariz, o IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova, o IES Marta Gisela do Barco, o IES número 1 do Carballiño, o CEIP Virxe da Pena da Sela, do Irixo; e o CPI de Padrenda Crespos. Entre os que rexistran cifras máis elevadas están dous colexios do Barco, o CEIP Ramón Otero Pedrayo, con seis (+2), e o CPR Divina Pastora, con cinco (+1); así como o IES O Ribeiro de Ribadavia, que suma un caso, até o oito.

NOVOS CENTROS EN A CORUÑA

No caso da área sanitaria da Coruña, están infectados 93 escolares de 56 centros educativos, a metade da cidade herculina.

No caso da Coruña cidade, incorpóranse á listaxe de centros afectados o CPR Compañía de María, o IES Calvo Sotelo, o CPR Santa María del Mar, o CPR Sagrado Corazón de Jesús, o CPR Salesianos San Juan Bosco, o IES A Sardiñeira, o CPR Cruz Vermella Española e o CEIP Juan Fernandez Latorre. Os colexios con máis casos son o CPR A Grande Obra de Atocha, que se mantén en seis, e o CPR Afundación e o CPR Fogar de Santa Margarida, con cinco cada un.

En canto á provincia, súmanse á listaxe o CEIP de Caión, na Laracha, o IES Agra de Raíces, de Cee, o CEIP Areouta de Fisterra e o CEIP Ramón María de Valle Inclán de Oleiros.

A seguinte área con máis casos é a de Pontevedra, con 54 escolares afectados en 36 colexios, 15 deles na capital provincial. Os centros que detectaron os seus primeiros positivos e incorpóranse á listaxe son o CPI Santa Lucía de Moraña, o IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra e o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa; e o que ten un maior número de afectados é o CPI de Mosteiro, en Meis, con cinco casos.

Na área de Santiago, que ten 46 casos en preto dunha trintena de centros, incorpóranse o CEIP de Cespón, en Boiro; o Lamas de Abade, en Santiago; e o CPR San Pelayo, tamén en Compostela. Dous colexios da capital galega son os que teñen máis casos na área, catro cada un: o CPR La Salle, que suma dous, e o San José de Cluny.

Pola súa banda, a área de Lugo reflicte 44 casos en 28 centros, dos cales 15 están na capital. Os que rexistran unha maior incidencia son o CPR Fingoi, con cinco casos, e o CEIP A Pote, con catro, ambos na cidade das murallas.

No caso da área de Vigo, con 37 positivos en 34 centros, suma dous positivos nas escolas infantís de Vigo-Baladares e O Xardín Esme S.L. (un en cada unha), así como os primeiros casos no CPI de Mondariz, e no CPR Amor de Deus, o CPR Bouza Brei, o CEEPR Menela, a CEE Saladino Cortizo e o CPR As Acacias-Montecastelo, todos eles en Vigo. Só dous centros --a Alborada e a María Axiliadora de Vigo-- alcanzan os tres positivos.

Finalmente, a área menos afectada é a de Ferrol, con nove casos, un en cada un dos seguintes centros: CPI As Mirandas de Ares, IES de Fene, IES Fernando Esquío de Neda, CPR Luís Vives de Pontedeume, CEIP José María Lage e IES de Ortigueira, en Ortigueira; e CEIP Cruceiro de Canido, CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e IES Saturnino Montojo, en Ferrol.

UN "GRAN TRABALLO"

Durante a súa comparecencia parlamentaria, Román Rodríguez destacou o "gran traballo que se está facendo" para preservar a seguridade sanitaria nos centros, cunha incidencia acumulada de 44 casos por 100.000 habitantes que se sitúa por baixo da media autonómica.

O conselleiro insistiu en que a incidencia total é menor do 0,1 por cento e que máis do 80 por cento dos casos detectados en centros contan cun ou dous positivos na mesma unidade, o que evidencia a "moi reducida transmisión comunitaria" e a correcta aplicación dos protocolos.

Tamén esgrimiu as cifras de aulas pechadas coas achegadas pola ministra de Educación, Isabel Celaá, na última conferencia sectorial, cifradas nunhas 2.852 en toda España (o 24 de setembro)

Neste sentido, apelou ás voces da comunidade científica e sanitaria para reivindicar os centros como "como devasas dentro da cadea de expansión do virus" e quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade ás familias, sen que por iso débase renunciar á prudencia.

06 oct 2020 / 18:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito