Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Peche perimetral individual para 60 concellos e adiántase o toque de queda

Galicia quedará baixo os dous niveis máis altos de protección / Hostalaría pechada ás 18:00 horas / Toque de queda ás 22:00 horas / Limitacións nos comercios, que deben cerrar ás 21:30 horas

Este es la plantilla de ECG
12:29 h.

Recomendación encarecida: nas casas, só conviventes

    O presidente da Xunta volve facer a recomendación de que nos domicilios só estean os conviventes as 24 horas. E pide encarecidamente que non fagamos trampa substituíndo os bares polas casas.  

    Este es la plantilla de ECG
    12:26 h.

    Non haberá 'améndoas'. Os peches perimetrais serán individuais en cada concello

      En canto aos peches perimetrais, Feijóo indica que non haberá 'améndoas'. Serán peches individuais municipais e afectarán a 60 concellos en nivel de risco máximo (afecta ao 64% da poboación). O resto pódense mover a outros concellos en nivel medio alto.

      Este es la plantilla de ECG
      12:12 h.

      Faltan doses de vacinas para manter o ritmo de vacinación

        Necesítanse máis vacinas para manter o ritmo de inmunización. Hoxe empezou a vacinación dos sanitarios. A maioría dos cidadáns seguimos desprotexidos, polo que debemos estar en alerta. 

        Este es la plantilla de ECG
        12:10 h.

        Espérannos semanas duras: "Non hai que substituír o bar polo noso domicilio"

          Feijóo insiste na anticipación como arma poderosa para gañar a batalla. "Aínda tomando medidas vai ser unha loita titánica". Necesítase o compromiso de todos os cidadáns. Tamén nos nosos domicilios. Non hai que substituír o bar polo noso domicilio. O lugar seguro é a unidade familar.

          Este es la plantilla de ECG
          12:08 h.

          Máxima exposición na hostalaría

            Feijóo recoñece que a hostalaría non é o sector onde hai máis contaxios, e recorda que o máximo risco está nas familias. Pero afirma que a hostalaría ten a máxima exposición. Alude aos 21,5 millóns de euros que xa foron transferidos pola Xunta como axudas directas ao sector. Seguirán as axudas e medidas de forma inmediata. Hoxe hai unha reunión para debuxar unha serie de medidas de apoio. Di que as limitacións son inevitables. Hai que intentar que as ucis non colapsen.

            Este es la plantilla de ECG
            12:04 h.

            Os establecementos de xogo, pechados

              Os concellos perimetrados (60 en total) abranguen o 64% da poboación. Os establecementos de xogo permanecerán pechados, os comercios ao 50% de aforo. 60 concellos quedan pechados perimetralmente.

              Este es la plantilla de ECG
              12:00 h.

              60 concellos con restricións máximas, entre eles Santiago

                Haberá restricións máximas en 33 concellos con máis de 10.000 habitantes e con incidencia acumulada de máis de 250 a 14 días. Serán 27 de menos de 10.000 habitantes. En total, 60 concellos. Pontevedra, Vigo e Lugo non están en máximo nivel, pero permanecerán pechados.

                Este es la plantilla de ECG
                11:57 h.

                Non pode haber reunións de non conviventes nas vivendas a partir das 18:00 horas

                  Non pode haber reunións nas vivendas de non conviventes a partir das 18:00 horas. A hostelaría debe pechar tamén ás 18:00 horas. Visitas hospitalarias circunscritas a unha persoa por paciente

                  Este es la plantilla de ECG
                  11:54 h.

                  Toque de queda ás 22:00 horas

                    Renións privadas e públicas dun máximo de 4 persoas. Toque de queda ás 22:00 horas. Peche comercio: 21:30 hortas, e aforo ao 50%

                    Este es la plantilla de ECG
                    11:53 h.

                    Forzar a prevención ata mediados de febreiro desde esta media noite

                      Feijóo móstrase consciente da repercusión das medidas en moitos negocios e familias. As medidas serán estas: 

                      Máis capacidade diagnóstica. Forzar a prevención ata mediados de febreiro desde esta media noite. 

                      O nivel medio alto de restrición aplícase a toda comunidade autónoma. En zonas de maior incidencia, nivel máximo.

                      Este es la plantilla de ECG
                      11:49 h.

                      Pico máximo a finais de xaneiro

                        Se non se fixesa nada, a mediados de febreiro produciríase un novo pico. Coas medidas que vai tomar a Xunta este pico adiantarase a finais de xaneiro ou principios de febreiro e conteriase a presión hospitalaria.

                        Este es la plantilla de ECG
                        11:45 h.

                        Feijóo empeza dando cifras "preocupantes"

                          9.479 casos activos, 438 hospitalizados, 73 na UCI. A incidencia segue aumentando e duplícase: 325 por 100.000 habitantes a 14 días y 207 a sete días. A situación hospitalaria é mellor que en novembro pero preocupa pola progresión ascendente, que empeora.

                          13 ene 2021 / 11:10
                          • Ver comentarios
                          Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                          TEMAS
                          Tema marcado como favorito
                          Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.