Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 12 julio 2020
01:55
h

Portugal rexistra o maior pico de casos nun mes por covid-19

Segundo bico mensual nunha semana, con Lisboa acaparando a maioría de infeccións

377 novos infectados nas últimas 24 horas levaron a Portugal a rexistrar onte o seu maior pico de casos nun mes, coa abrumadora maioría de contaxios (o 89 %) acaecidos na rexión de Lisboa e o Val do Texo.

É a segunda vez nesta semana que o país luso acada un record mensual de infecións diarias, pois o mércores, a Direção Geral de Saúde (DGS) confirmaba a aparición de 366 novos contaxios, tan só 11 menos que os rexistrados no día de onte.

A rexión de Lisboa, pola súa parte, continúa no punto de mira, con seis dos seus concellos con aumentos de casos superiores ao 150 % dende que concluíu o estado de emerxencia o pasado 2 de maio. A directora do DGS, Graça Freitas, sostivo onte que Lisboa “presenta unha tendencia estable, pero con números de incidencia relativamente elevados en relación ao resto do país”.

Unha incidencia máis elevada que xa fixeron rexistrar varios brotes nas últimas semanas e que mantén as restricións na Cidade da Luz, onde os centros comerciais continúan pechados e os restaurantes teñen limitada a súa ocupación ao 50 %, mentres que no resto do país xa poden operar coa súa capacidade ao completo. Unhas limitacións –as lisboetas– que se manteran cando menos ata o vindeiro día 15.

05 jun 2020 / 20:09
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito