Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Prohibidas as rebaixas? Comercio di agora que só se impiden aglomeracións

Comerciantes e consumidores cren que é unha norma “confusa” aberta a distintas interpretacións e demandan instrucións “claras”

O pasado martes o Ministerio de Sanidade publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a seguinte orde: “Os establecementos non poderán anunciar nin levar a cabo accións comerciais que poidan dar lugar a aglomeracións de público, tanto no interior do local como nas súas inmediacións. Esta restrición non afectará ás vendas en rebaixas nin tampouco ás vendas en oferta ou promocións que se realicen a través da páxina web”. Unha orde que pouco ou nada gustou aos comerciantes, que pronto emitiron as súas protestas por tratarse dun “texto confuso” que, ao permitir as promocións online, “beneficia ás grandes superficies”.

E o tema aínda se complica máis ao reiterar onte o ministro de Sanidade que eses descontos seguen “prohibidos” en tenda para evitar multitudes. O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a súa vez, veuse onte na obligación de aclarar o contido da orde, a petición da patronal de comercio téxtil Acotex, unha explicación que xa demandara Feijóo o pasado domingo . O departamento de Reyes Maroto matizou que “hai que interpretar dita norma no sentido de que o que se prohibe son as aglomeracións e non a posibilidade de facer rebaixas nos establecementos físicos”.

Na súa resposta ao patronato téxtil, Comercio sinala que se trata dunha primeira interpretación á disposición adicional segunda da Orde e que se ten remitido unha consulta a Sanidade.

Non obstante, segundo a opinión de Comercio, “a mencionada disposición ten como finalidade evitar posibles aglomeracións provocadas por accións comerciais”. Con todo, os comerciantes continúan confusos ante unha normativa que conta con diferentes interpretacións.

O presidente de Acotex, Eduardo Zamácola denunciou –tras recibir a resposta da carteira de Maroto– a falta de coordinación entre os departamentos de Comercio e Sanidade. “O que pon no BOE está clarísimo, xa que Sanidade prohibía as rebaixas, non só as aglomeracións, e agora Comercio fai unha interpretación máis laxa”, dixo Zamácola, quen denunciou –ademais– a “inseguridade xurídica á que se enfrontan os comerciantes, e criticou que o Goberno non tivera consultado nin informado ao sector, pedindo unha “aclaración pública”

As críticas ao Executivo de Pedro Sánchez chegaron tamén dende a Confederación Española de Comercio, que demanda “unha nota aclaratoria oficial” ao Goberno ante as posturas encontradas dos departamentos dirixidos por Salvador Illa e Reyes Maroto. “Seguimos considerando incoherente que se controlen as aglomeracións a través da limitación de actividades comerciais, cando xa hai outras medidas establecidas, como as limitacións de aforo”, sinalan dende a CEC.

Os reproches ao respecto desta norma non só lle chegaron ao Executivo dende as asociacións empresariais, senón que tamén a OCU, a Organización de Consumi-res e Usuarios coincide coa CEC neste punto, considerando que a prohibición das rebaixas en tendas físicas non sireve para protexer a saúde dos consumidores, xa que existen medidas concretas destiñadas a garantir a protección e a seguridade. Polo contrario, a organización de consumidores cre que son éstes os “grandes perxudicados” con esta prohibición.

imposible manter a Facturación

··· A CEC vén de publicar a súa enquisa sobre a crise derivada do coronavirus na que participaron un total de 1.875 minoristas e da que se desprenden datos reveladores respecto á venda online.

··· O 68,8 por cento dos minoristas enquisados recoñece ter recorrido a este tipo de venda durante o estado de alarma. A gran maioría 72,5% deles a través de aplicacións de mensaxería, un 42,8% a través das redes sociais e un 40,4% a través dunha propia páxina web.

··· Non obstante, o 91,5% recoñece que a venda a través destes canles non lles ten permitido manter a facturación. Este feito, xunto coas dificultades para conseguir unha moratoria no pago de alquileres e hipotecas dos locais (só o 33,9 por cento dos enquisados conseguiu aprazar oucondonar as súas oblacións de pago), fixo que máis da metade dos comerciantes minoristas o 52,5 por cento se viran na necesidade de demandar un crédito a entidades bancarias.

13 may 2020 / 23:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito