Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 20 septiembre 2020
23:04
h

Repunte dos contaxios en Galicia ata os 444 tras sumar 32 máis

A área da Coruña segue a ser a máis afectada con 21 novos casos. Hai 23 pacientes hospitalizados, 2 deles na UCI

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 444, 32 máis. Deles 177 son da área da Coruña, 21 máis, 72 da de Lugo, un menos, 34 da de Ourense, 2 máis, 43 da de Pontevedra, 2 máis, 78 da área de Vigo, 3 máis, 35 da de Santiago, 5 máis, e 5 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 21 en unidades de hospitalización, 4 máis, e 421 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.381 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 260.785.

07 ago 2020 / 11:36
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.