Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Restriccións pola covid no Milladoiro, Vilagarcía e máis rúas de Ourense

SANTIAGO. EP. O comité clínico que asesora á Xunta en medidas para previr a expansión da COVID-19 decidiu impor as medidas restritivas vixentes en varios municipios galegos ao Concello de Vilagarcía, estendelas á zona do Milladoiro, na contorna de Santiago de Compostela, e implantar as restricións especiais do barrio do Couto, en Ourense, noutras rúas da cidade. En canto ás medidas xerais, o comité decidiu incluír a Vilagarcía nos concellos con restricións vixentes, así como á localidade do Milladoiro, no Concello de Ames, na contorna de Santiago.

Nestas áreas estará vixente a limitación de aforamentos ao 50% en establecementos comerciais, de restauración ou de hostalaría, así como a redución en celebracións, velorios e lugares de culto. En hostalaría está prohibido o consumo en barra e as reunións limítanse a 10 persoas como máximo. Ademais das novas incorporacións, o comité deu o visto e prace á prolongación das medidas en Santiago, Silleda, Lalín, Lugo, Ourense, Poio, Pontevedra, Vilaboa, Marín e Verín, así como nalgúns barrios da cidade da Coruña.

Desde esta medianoite, a cidade de Ourense verá ampliada a súa área de restricións especiais, xa vixentes nunha parte do barrio do Couto (concretamente nas rúas Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal).

Estas medidas de maior intensidade, que no seu día tamén afectaron o barrio lucense da Milagrosa e ao municipio de Arteixo, implican --ademais das restricións xenéricas-- a limitación de reunións privadas ou na rúa a un máximo de cinco persoas, que tamén é o grupo máximo que se pode atender en negocios de hostalaría. Cafetarías e bares non poden servir no interior.

Tras a reunión do comité clínico, estas medidas implantaranse tamén no espazo delimitado polas rúas Progreso (desde a Ponte Romana até o cruzamento coa rúa Praza de Abastos), Irmáns Xesta, Avenida de Portugal, Camiño Lobisome, Salto do Can, Carballo, Sobreira e a nacional 525 --desde o cruzamento coa rúa Sobreira até a Ribeira Sacra--. Tamén afectarán á Avenida Ribeira Sacra até a Ponte Romana.

23 sep 2020 / 18:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.