Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Robles asume os errores e estudará as queixas dos militares

Os soldados critican a falta de material e o veto a desprazamentos na operación Balmis

Santiago. A ministra de Defensa, Margarita Robles, comprometeuse a estudar as queixas e propostas sobre falta de material e problemas nos desprazamentos durante a Operación Balmis de loita contra o virus que lle trasladaron este luns distintas asociacións militares.

Robles asistiu á reunión do Pleno extraordinario do Consello de Persoal das Forzas Armadas, convocado polo Ministerio de Defensa tras telo demandado tres asociacións militares (ATME, AUME e Asfaspro) para tratar peticións relacionadas con este despregamento.

Segundo informou un dos asistentes, Casiano Sánchez, directivo da Asociación de Tropa e Mariñeiría Española (ATME), durante a reunión expuxéronselle a Robles os problemas principais que sufriron os militares: a falta de equipos de protección e o veto aos seus desprazamentos.

“En moitas unidades houbo falta de material á hora de realizar os labores –EPI, máscaras e luvas–”, explicou Sánchez sobre as queixas trasladadas á ministra.

As asociacións tamén lle pediron que solucione o veto imposto a semana pasada polo Exército de Terra aos seus soldados de desprazarse para pasar os períodos de descanso coas súas familias, xa que moitos traballan nun concello no que non residen.

Ata entón os militares viñan facéndoo grazas a permisos que lles cursaban os seus superiores para realizar estes desprazamentos, pero atopáronse con que a Garda Civil estaba a multarlles con ata 600 euros por incumprir o decreto de estado de alarma. Por mor desas multas, o Exército de Terra tomou a decisión de prohibir esas viaxes. Isto provocou que os militares tiveran que, ou ben, quedar dende o venres pasado coas súas familias, sen voltar ao traballo; e, por outra banda que agora non poidan pasar os días de descanso coa familia.

A ministra –que compareceu tras a Comisión de Defensa no Congreso– afirmou que todos os erros que se puideran cometer na Operación Balmis eran “exclusivamente” seus. Á vez atribuiu os acertos ás Forzas Armadas, que ocuparán “un lugar moi importante” cando se escriba a historia do acontecido nesta pandemia da covid-19. REDACCIÓN

28 abr 2020 / 10:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito