Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sairá en xuño unha guía para a volta segura ao cole

Novo curso. Antes de fin de mes, os ministerios de Sanidade e Educación terán listas unhas guías con recomendacións sobre a volta ás aulas en setembro, co obxectivo de que as comunidades poidanas ir adaptando aos seus centros educativos. Así o anunciou onte, na súa habitual rolda de prensa Fernando Simón, despois de que a ministra de Educación, Isable Celaá, anunciara na súa conta de Twitter que ten como propósito que os alumnos poidan regresar ás aulas de xeito presencial no mes de setembro como é habitual, e por isto xa se comezou a preparar o retorno ás clases con seguridade xunto co equipo de Simón no Centro de Coordinación de Emerxencias e Alertas (CCAES).

Con esta mesma meta xa mantiveron unha xuntanza este órgano e membros do ministerio de Sanidade e do de Educación. Unha reunión que Simón calificou de “moi interesante” e que serviu para establecer os calendarios de traballo entre ambos departamentos e definir os criterios de seguridade que hai que incluír nos plans para o regreso ás aulas.

O departamento de Illa encargarase das recomendacións e o de Celaá da aplicabilidade na educación destas medidas. redacción

02 jun 2020 / 00:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito