Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sanidade alivia as restricións en seis concellos, entre eles Oroso e Lalín, e enduréceas en Boiro

Tamén volverán ao nivel básico Neda, Fene, Burela e Oleiros. A decisión foi adoitada polo subcomité clínico de expertos

O subcomité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia, vén de acordar o alivio das restricións nos concellos de Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso, onde desde esta medianoite rexerán as medidas restritivas básicas; ademais de incorporar á localidade de Boiro á listaxe de concellos con restricións máximas.

Tras analizar a positiva evolución epidemiolóxica nos concellos de Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso, o grupo de expertos que monitoriza a evolución da covid-19 en Galicia acordou, na xuntanza desta mañá, cambiar o nivel de restricións nestes seis municipios. Así, desde esta medianoite, en todos eles pasará a rexer o nivel básico de medidas, unha conxuntura coa que se levantará a limitación de mobilidade que até de agora posuían.

Na reunión desta mañá, o subcomité clínico tamén acordou reforzar o nivel de restricións no Concello de Boiro, co que pasa formar parte da listaxe de 17 concellos que teñen establecido o nivel máximo de restricións.

Así mesmo, cómpre salientar que as localidades de Monfero, Pontedeume, Tui e Vilalba, malia continuar co mesmo nivel de restricións actual, serán obxecto dunha vixilancia especial por parte do grupo de expertos.

As medidas publicaranse esta tarde no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor desde as 00:00 horas desta medianoite.

Sanidade lembra da obrigatoriedade de cumprir todas medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

04 dic 2020 / 12:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.