Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sanidade fala de “estabilidade” e confía en que o certificado COVID favoreza a mobilidade

Este es la plantilla de ECG
11:35 h.

Certificado dixital de vacinación

    Lembra o conselleiro que o certificado dixital galego de vacinación xa está dispoñible na plataforma É-Saúde, e que nos vindeiros días estará tamén na plataforma de Sergas Móbil e en Pass COVID. Un dos seus obxectivos "é que comece a facilitar a mobilidade dos galegos e as galegas".

    Este es la plantilla de ECG
    11:28 h.

    Vacinas de AstraZeneca

      Segundo os datos aportados por Julio García Comesaña, uns 60.000 galegos menores de 60 anos recibiron xa a primeira dose de AstraZeneca. Supoñen case o 90% de tódalas listaxes de traballadores esenciais. A poboación con idades comprendidas entre os 65 e os 69 anos, o conselleiro confirma que serán vacinados cos viais de AstraZeneca e Janssen, sempre que cheguen as vacinas. Polo momento, non está confirmada a vindeira entrega de AstraZeneca.

      Este es la plantilla de ECG
      11:17 h.

      Mercadiños, feiras de atracións e congresos

        O conselleiro de Sanidade explica que nos mercadiños de menos de 150 postos autorizados poderanse colocar o 100% deles, mantendo a distancia de seguridade establecida na norma. Nos que teñen ata 250 postos o aforo será do 75%, e nos de máis de 250 postos, o límite máximo será do 50%.

        Feiras de atracións: 50% de aforo nas que se pode estar sentado e 30% nas que hai movemento.

        Congresos: pasa de 300 a 500 no interior e no exterio segue o número máximo en 1.000. Se as circunstancias do congreso estiman que se pode ampliar o aforo, sería Saúde Pública a que determinaría se é ou non posible. 

        Estas medidas entrarán en vigor ás 00.00 horas do venres 23 de abril.

        Este es la plantilla de ECG
        11:10 h.

        Hai 232.000 pacientes coa pauta de vacinación completa

          Segundo explica o conselleiro de Sanidade, a día de onte foran administradas en Galicia un total de 914.462 vacinas, o que supón o 88,7% do total de dose recibidas. Hai xa 232.000 pacientes coa pauta completa. Deles, 130.601 son maiores de 80 anos. Explica García Comesaña que o ritmo de vacinación segue marcado pola chegada de vacinas. Neste sentido, sinalou que para a vindeira semana está prevista a chegada de 140.000 de Pfizer. Hoxe chegarán 8.300 de Janssen, e esta semana serán vacinados 24.000 galegos coa segunda dose de Moderna.

          Este es la plantilla de ECG
          11:06 h.

          Estabilidade tamén na situación asistencial

            No tocante á situación asistencial, o xerente do Sergas confirma a súa estabilidade. En Atención Primaria están sendo atendidos 2.609 pacientes con COVID. Tanto o 061 como as Urxencias manteñen unha situación de calma. Os circuitos COVID teñen nestes momentos, segundo José Flores, menos do 15 % de ocupación. 

            Este es la plantilla de ECG
            11:00 h.

            Variantes do virus

              Carmen Durán confirma que hai en Galicia a día de hoxe 240 casos confirmados da variante británica. Ademais hai 24 da sudafricana, 9 deles con secuenciación completa e 15 pendentes de confirmación. Foi notificado 1 caso da variante P2 do Brasil, unha variante nova, e notificados 18 casos da variante brasileña P1, "que é a que todos coñecemos".

              Este es la plantilla de ECG
              10:58 h.

              Incidencia por áreas sanitarias: de 67 na de Pontevedra a 21,8 na de Ferrol

                Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública, reitera que en Galicia "temos unha situación epidemiolóxica estable cun crecemento lixeiro", que cifrou no 0,8% nos últimos días. En 135 concellos non foi notificado ningún caso nos últimos 14 días, e 175 concellos que non notificaron ningún caso nos últimos 7 días. A  porcentaxe de probas diagnóstica positivas mantense estable, e esta semana está no 2,4%. Síguense fancendo cribados e probas diagnósticas. 

                A 7 días e por áreas sanitarias, Pontevedra é a que ten a maior incidencia acumulada con 67, e Ferrol a  ten a menor incidencia con 21,82 casos por 100.000 habitantes. Ningunha ten unha incidencia acumulada por riba dos 70/75 a 7 días, nin por riba dos 150 casos a 14 días.

                Por cidades, en Vigo a incidencia acumulada a 7 días é de 83, na Coruña de 61, en Pontevedra de 38, en Lugo de 37, en Ourense de 31, en Ferrol de 26 e en Santiago de 13.

                Carmen Durán recoñece a preocupación pola área de Vigo, onde a incidencia acumulada pasou de 194 a 237 esta semana. A 3 días a evolución "tampouco era a desexable: pasou de 59 a 93". A comarca do Salnés, sobre todo O Grove, tamén ten unha evolución preocupante, cunha incidencia acumulada de 532 a 14 días.

                Este es la plantilla de ECG
                10:46 h.

                Restricións por concellos

                  Logo da última reunión do comité clínico acordouse o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballedade Valdeorras, e Cualedro. Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira, e Cambre. Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez e Ortigueira. No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 23 de abril.

                  Este es la plantilla de ECG
                  10:45 h.

                  Estabilidade en Galicia 

                    Segundo explica o conselleiro de Sanidade, Galicia ten a día de hoxe unha incidencia acumulada de 90,3 a 14 días, e de 44,9 a 7 días. Julio García Comesaña fala de estabilidade con respecto á media española.

                    21 abr 2021 / 10:21
                    • Ver comentarios
                    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                    TEMAS
                    Tema marcado como favorito
                    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.