Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Santiago abre a hostalaría ata as seis, recupera a mobilidade entre concellos e as reunións de ata 4 non convivintes

As medidas entran en vigor o venres, día 26 // Os centros comerciais poden abrir as fins de semana desde o 27 de febreiro // “San Xosé e Semana Santa non serán como nos gustaría”

Este es la plantilla de ECG
15:32 h.

A vacinación dos docentes empeza este martes

    Contestando preguntas dos xornalistas, Feijóo dixo que Galicia empezará a vacinación dos docentes este martes. A dos maiores de 80 años xa está en marcha desde este luns logo dunha proba piloto o pasado venres.

    Este es la plantilla de ECG
    15:11 h.

    Feijóo, a favor dun documento que acredite a vacinación das personas

      O presidente da Xunta mostrouse a favor de crear un documento que certifique a vacinación das persoas. Apelou aos expertos en leis para determinar como preservar a protección de datos e como desenvolver, se é o caso, esta medida.

      Este es la plantilla de ECG
      14:57 h.

      "San Xosé e Semana Santa non serán como nos gustaría"

        Núñez Feijóo advirte que, malia qua a situación mellora, non se desbota volver atrás e retomar as restricións. Afirmou que "San Xosé e Semana Santa non serán como nos gustaría." Non se desbotan os peches en Semana Santa. A comunidade autónoma galega vai seguir pechada a outros territorios.

        Este es la plantilla de ECG
        14:55 h.

        A cepa predominante é a británica

          O presidente alerta da virulencia das novas cepas. En Galicia a predominante (63%) é a británica. En casos como A Coruña a predominancia chega ao 80%.

          Este es la plantilla de ECG
          14:54 h.

          Abren as instalacións deportivas con uso obrigado de máscaras

            Poderán abrir os ximnasios e outras instalacións deportivas, e poderase facer exercicio en grupo ata un máximo de 4 persoas non convivintes. Con máscara.

            Este es la plantilla de ECG
            14:52 h.

            Abre a hostalaría en Santiago, dentro e en terraza, ata as 18:00 horas

              Os municipios cunha Incidencia Acumulada por debaixo de 250 casos por 100.000 habitantes (son 189, un 54% da poboación galega, nas áreas sanitarias de Lugo, Ourense, Santiago e Vigo) poderán abrir a hostalaría dentro (aforo do 30%) e fóra (terraza ao 50%) con medidas de seguridade e máscara. Ata as 18:00 horas. Convivencia permitida de ata 4 persoas non convivintea. En canto a mobilidade, poderán viaxar a concellos co mesmo nivel de Incidencia Acumulada (189 en toda Galicia).  As medidas entran en vigor o vindeiro venres, día 26.

              Este es la plantilla de ECG
              14:47 h.

              Concellos que teñen IA entre 250 casos a 500 casos abren a hostalaría (terrazas) e recuperan mobilidade e a convivencia

                Nos casos de concellos con entre 250 e 500 casos de Incidencia Acumulada a 14 días permítese a reunión de ata 4 personas non convivintes. A hostalaría nestes concellos pode abrir as terrazas cun aforo do 50% permitido. En canto á mobilidade, os cidadáns poden viaxar a outros concellos coas mesmas condicións de Incidencia Acumulada. As áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Pontevedra non teñen mobilidade permitida pola alta ocupación nas UCIs.

                Este es la plantilla de ECG
                14:42 h.

                Seguen as restricións máximas nos concellos con máis de 500 casos por 100.000 habitantes

                  Os concellos cunha Incidencia acumulada de máis de 500 casos por 100.000 habitantes manteñen as restricións máximas, coa hostelería pechada e se reunións de non convivintes. Hai tamén peche perimetral entre concellos. Iso afecta só ao 2,6% da poboación e aos os concellos de Aranga, Cabanas, Carballo, Catoira, Corcubión, O Corgo, Gomesende, A Gudiña, Guitiriz, Larouco, Malpica, Moeche, A Peroxa, Ponteceso, A Pontenova, Toques e Xunqueira de Espadañedo. 

                  Este es la plantilla de ECG
                  14:38 h.

                  Os centros comerciais poden abrir as fins de semana desde o 27 de febreiro

                    Abre a Universidade o 1 de marzo, haberá cribado de alumnos. Os centros comerciais poderán abrir as fins de semana desde o día 27 de febreiro.

                    Este es la plantilla de ECG
                    14:34 h.

                    Iniciamos unha apertura gradual non homoxénea

                      Haberá apertura gradual da hostelería, perimetral dos concellos e de relación de non convivintes, de xeito non xeneralizado

                      Este es la plantilla de ECG
                      14:32 h.

                      A Incidencia Acumulada a 7 días será a máxima referencia para tomar decisións

                        O presidente da Xunta indicou que a Incidencia Acumulada a 7 días terá moita máis importancia (antes era a IA a 14 días), co obxectivo de actuar antes.

                        Este es la plantilla de ECG
                        14:27 h.

                        Descenden os casos activos un 64% desde xaneiro. "A evolución está sendo boa"

                          Núñez Feijóo explica que caen os casos activos un 64%, desede xaneiro, ao pasar de 22.600 a 8.066 na actualidade. Hai 146 pacientes na UCI, cando no pico anterior había 254, e hai 583 hospitalizados, que significa un descenso do 52% desde o último pico. O número de persoas falecidas é de 2.176. A Incidencia Acumulada tamén baixou desde 779 no pico de xaneiro a 236, por baixo do nivel máximo de risco (250). A IA baixa un 69% a 14 días e case un 80% a 7 días. Galicia ten a menor taxa de positividade de España, un 4,8%. O presidente asegura que a evolución tras as medidas adoptadas está sendo boa.

                          22 feb 2021 / 13:27
                          • Ver comentarios
                          Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                          TEMAS
                          Tema marcado como favorito
                          Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.