Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Só 7 pacientes galegos con covid permanecen na UCI

Os casos activos baixan a 834 e as persoas curadas suben ata as 9.764

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 834, 20 menos que onte. Deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 121 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 250 da área de Vigo, 137 da de Santiago, e 25 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en UCI, 4 menos que onte. Ademais, 52 están en unidades de hospitalización e 775 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.764 persoas curadas, 24 máis, rexistrándose 614 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 136.059.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

26 may 2020 / 11:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.