Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Soben en dous os casos activos en Galicia, até 310, e aumentan os curados a 10.611

Os dous brotes detectados na última semana continúan sen cambios, con 9 infectados no Barbanza e 22 na Mariña

SANTIAGO. EP. O número de casos activos de coronavirus en Galicia subiu en dous, até 310, mentres que as persoas curadas tamén aumentaron, en 5, e sitúanse en 10.611. Así consta nos datos actualizados este domingo pola Consellería de Sanidade, nos que se reflicte que do total de pacientes positivos catro permanecen en unidades de hospitalización --os mesmos que este sábado-- e 306 en seguimento domiciliario --dous máis--, mentres que as UCIs galegas seguen sen casos COVID.

Dos 310 casos positivos, 132 corresponden á área de Vigo --un máis que o sábado--; 72 á da Coruña e Cee --tres menos--; 25 á de Santiago e Barbanza --un menos--; 22 á de Ourense --os mesmos--; 39 á de Lugo --cinco máis--; 11 á de Ferrol --igual-- e nove á de Pontevedra --un máis--.

Sanidade sinala que, até a data, curáronse en Galicia 10.611 persoas, mentres que os falecidos con COVID se manteñen en 619. A última vítima, notificada o pasado 10 de xuño, foi un home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias de maiores. O número de PCR realizadas na Comunidade galega ascende a 176.539, fronte ás 171.518 contabilizadas até este sábado.

OS BROTES, SEN CAMBIOS

En canto aos dous brotes localizados en Galicia na última semana, un na comarca do Barbanza (A Coruña) e outro na Mariña (Lugo), fontes da Consellería de Sanidade ratificaron a Europa Press que continúan sen cambios.

Na Mariña, este sábado aumentaron os positivos por coronavirus até 22, tras máis de 200 probas PCR realizadas na zona. O primeiro caso detectouse o pasado martes pola tarde no municipio de Xove e, con esta confirmación inicial, comezou o traballo de rastrexo e análise dos contactos das persoas afectadas.

Así mesmo, o foco de COVID-19 detectado a pasada fin de semana na comarca coruñesa do Barbanza, concretamente en Ribeira e A Pobra, mantense con nove positivos.

RESIDENCIAS

En canto aos centros de maiores, os casos activos de COVID-19 baixaron nun, segundo o balance diario da Consellería de Política Social. En concreto, curouse un usuario da residencia Caser A Zapateira de Culleredo (A Coruña).

Así, aínda permanecen infectados tres usuarios e un traballador do xeriátrico Santa Teresa Jornet, na Coruña, o único centro que aínda conta con casos en toda Galicia.

Desde o sábado 13 de xuño non hai casos positivos, nin de usuarios nin de traballadores, nos centros de atención a persoas con discapacidade da Comunidade galega.

28 jun 2020 / 12:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.