Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Suspéndense as competicións do deporte federado no ámbito autonómico

A medida foi adoptada pola “preocupante” evolución da pandemia do COVID. Pódese adestrar de xeito individual ou en grupos dun máximo de catro persoas, respectando o toque de queda e os peches perimetrais

O conselleiro de Sanidade confirmou este martes o que moitos deportistas galegos temían: a suspensión das competicións do deporte federado no ambito autonómico. Segundo explicou Julio García Comesaña, no caso dos adestramentos poderán facerse de xeito individual ou en grupo dun máximo de catro persoas. Iso sí, todos deberán respectar o toque de queda e os peches perimetrais.

Tamén deberán respectalos os deportistas das competicións federadas de ámbito estatal, se ben neste caso mantéñense activas ao igual que os adestramentos.

As medidas foron adoptadas na xuntanza de onte do comité clínico, diante da “preocupante” evolución da pandemia do COVID en Galicia.

19 ene 2021 / 12:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.