Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Teresa Ribera sitúa en xullo a volta do turismo estranxeiro

Advirte a ministra que sería irresponsable unha prematura apertura masiva

“Temos que ir con moito coidado sobre como a persoa que vén non corre risco, porque chega a un destino seguro, e ao mesmo tempo non supón un risco para a poboación local. (...) A nosa idea é que podamos traballar sobre orixes e destinos seguros máis ben pensando no mes de xullo que no de xuño”, sostivo a vicepresidenta cuarta do Goberno e responsable da desescalada, Teresa Ribera, quen advertiu ademais, que a chegada de turismo extranxeiro “probablemente veña acompasada co resto do proceso de desescalada”.

Ribera sostén a precabida tese do Executivo, observando a evolución da pandemia a nivel global. Xa que os rebrotes que xa sufriron países como China, Corea do Sur ou Singapur “estiveron asociados á importación de casos” do exterior. “Iso non o queremos para a nosa poboación. Os datos que son extraordinarios nas illas Canarias, Ba- leares ou Andalucía ofrécennos seguridade hoxe, cando non hai mobilidade entre provincias, cando non veñen persoas que puidesen estar potencialmente contaxiadas. Se se abre masivamente xa, incorreríamos nunha irresponsabilidade”, advertiu.

A vicepresidente cuarta incidiu tamén na necesidade de completar a desescalada co estado de alarma en vigor e descartou que o Executivo se plantexe o contrario.

Por outra banda, Ribera confía en que o esforzo que están a facer “todos os territorios” se traduza nunha “ rapidísima recuperación”, aínda que lembrou que aínda hai risco de que haxa un rebrote e unha regresión das medidas do confinamento.

Sen vacina non se pode “cantar vitoria”, pero afianzando as pautas correctas e con capacidade de resposta eficaz, apuntou, poderase “recuperar unha ampla medida da nosa normalidade, da nosa vida cotiá”, aínda que con cambios de comportamento social.

Preguntada pola posibilidade de que se acurten os prazos de 14 días para cambiar de fase, contestou que sería “ousado contestar esa pregunta de maneira tallante”, aínda que “en principio” o Goberno considera que é moi importante mantelos.

“Se todo segue indo ben, se todos os esquemas de detección temperá seguen fortalecéndose poderémonos mover nun escenario moito máis optimista do que manexabamos nun primeiro momento, pero por agora convén seguir sendo cautos”, precisou a ministra en relación ao impacto do vitus..

Mesa do turismo
Eurocidades e concellos de Portugal e Galicia esixen abrir con urxencia pasos na fronteira

Santiago. O AECT Rio Minho e as Eurocidades do Miño acordaron hoxe nun encontro adoptar medidas contundentes de protesta para reclamar a apertura urxente de pasos na fronteira con Portugal. Segundo explica o director da agrupación trans fronteiriza e deputado provincial Uxío Benítez, a situación estase volvendo “insostible”, xa que o territorio do Miño está “afogado” pola existencia dun único paso na fronteira en Tui- Valença debido ás restricións de mobilidade impostas pola covid-19, o que imposibilita o mantemento das intensas relacións socioeconómicas entre ambas marxes do río.

Na reunión de hoxe estiveron presentes o director do AECT, Uxío Benítez; o vice-director, Fernando Brito, así como alcaldes e alcaldesas dos concellos de Tui , Tomi- ño e Salvaterra, así como o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira e os vice-presidentes de Valença e Monçao. Todos os dixirixentes amosaron o seu fondo malestar pola restrición e a existencia dun único paso na fronteira, o que obriga a moitos traballadores transfronteirizos a dar rodeos de ata 200 km para acudir ao traballo, coas perdas económicas e de tempo conseguintes.

Os rexedores critican que a situación siga igual a día dehoxe que dende o inicio do estado de alarma, cando era preciso un confinamento estrito e unha restrición clara da mobilidade. Agora, subliñan, a situación tense modificado en xeral para alixeirar a mobilidade en ambos estados e tensedemostrado a necesidade de máis pasos entre ambos países polo seu dinamismo económico.

Cabe recordar que o AECT leva reclamando a apertura de pasos formalmente dende o 28 de abril. redacción

Piden que se reactive antes do 15 de xuño

··· A Mesa do Turismo fixo onte un chamamento ao Goberno para que se reanude a actividade turística “non máis tarde” do vindeiro 15 de xuño.

··· Nunha carta aberta, o presidente da Mesa, Juan Molas plantexa unha serie de medidas, como a restauración da mobilidade, a eliminación de taxas turísticas e un IVE reducido ao 7%.

··· A misiva chama tamén a elaborar un “gran plan de comunicación” xa que “urxe trasladar a mensaxe aos estranxeiros de que España é segura”. “Debemos recordárllelo, e reiterar en que son benvidos”.

21 may 2020 / 22:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito