Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Diego Grande

Axudas rápidas máis que protocolos laxos para salvar as orquestras

Presidente da Asociación de Músicos e Profesionais

As orquestras de verbenas non acaban de ver claro o futuro, nen sequera o presente. Saíron ás rúas para pedir uns protocolos covid que se axusten á realidade das festas populares e séntense discriminados con respecto aos sectores hostaleiro e comercial. O presidente da Asociación de Músicos e Profesionais do Espectáculo de Galicia, Diego Grande, laiouse de que desde as administracións non se dean solucións efectivas para evitar que o sector desapareza. Iso sería unha enorme traxedia. En calquera caso, os datos da evolución da pandemia e o avance do verán parecen indicar que a salvación está máis nas axudas e non tanto en suavizar protocolos. X.C.

26 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito