Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Thor Rodríguez

Novos aires ou un gran cambio na hostalaría de Santiago

Presidente da Asociación Hostalaría Compostela

Con poucas palabras, Thor Rodríguez deixou claro que ten en mente un gran cambio, cando menos no esencial, na Asociación Hostalaría Compostela que recén preside. O principal obxectivo -dixo- é darlle un novo aire, deixando atrás situacións do pasado, abríndose á sociedade e defendendo os intereses dun sector moi castigado pola crise da covid. Intúese que, para el, as ‘situacións do pasado’ requiren cirurxía maior. Oxalá Thor e o seu equipo acerten diagnóstico e tratamento, que multipliquen socios e que relancen unha actividade esencial en Santiago que, efectivamente, está vivindo un inferno. X.C.

23 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito