Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro

Por nós, polas que veñen e tamén polas que foron. Sen memoria perdemos a nosa identidade

Compoñentes do grupo Tanxugueiras

Uns expertos din que “Tanxugueiras destacaron cun directo potente e unha posta en escena escura con toques dourados e brancos. Acompañadas por dous bailaríns, as pandereteiras levantaron ao público do Palau l’ Illa cunha das actuacións máis celebradas da noite” mentras que outros sosteñen que “ Tanxugueiras irromperon entón cun espectáculo que conxugou o tributo ao legado das pandereteiras do pasado cunha estética moderna e estilizada. Nese xogo visual, as sacudidas orixinais da percusión, aquí a cargo dun hercúleo baterista eléctrico, quedaron algo difuminadas respecto ao aquelarre esperado”.

O portugués Salvador Sobral, que gañou o festival de Eurovisión cunha canción chea de sentimento e recibindo o maior número de votos, deixou de lado o políticamente correcto e non tuvo dúbida algunha: “eu apoia as galegas, que gañen as galegas”, posicionamento claro do público asistente entre o que destacaban algunhas bandeiras galegas, mesmo coa estrela vermella, pero que maioritariamente o formaban xentes de puntos afastados da nosa terra.

E con todo isto foi o voto do público o que desfixo o agravio dun lamentable xurado casposo e españolista (darlle máis votos a Azúcar Moreno demostra a realidade na que viven) que augura un sábado de tongo. Pero Tanxugeiras téñeno claro: queremos darlle voz ante toda Europa a todas as mulleres anónimas que nos deixaron o seu legado. Elas sen saber ler nin escribir facían arte.S.A.

28 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito