Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 01 octubre 2022
12:24
h
Adolfo Muíños Sánchez

Rianxo dá un paso máis e invita á piscina ós nenos saharauís acollidos

Alcalde de Rianxo

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, asinou un acordo ca empresa BeOne, que xestiona a piscina municipal, que permitirá ir máis alá na campaña Vacacións en paz de acollida de nenos e nenas saharauís na localidade. As familias rianxeiras que acollan a estes nenos e nenas, se xa son socias da instalación municipal poden incluír ao neno acollido dentro da súa cota; e, se non o son, ofrecerase matrícula gratuíta e a inclusión dos nenos acollidos sen custo adicional. Ademais, os cativos saharauís acollidos poden acceder a un curso de natación gratuíto. Rianxo avanza así pola senda da solidariedade dando exemplo de que sempre se pode dar un paso máis. s. s.

10 ago 2022 / 00:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito