Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Javier Fernández

Sobre a difícil arte de facer as cousas ben á primeira

Concelleiro de Barrios e Obras de Santiago

Nada menos que vinte e dúas actuacións ten programadas para este exercicio o Departamento de Obras do concello de Santiago, cun investimento de máis de sete millóns de euros. Reparacións de infraestruturas, creación de novos servizos e melloras nos equipamentos dos barrios. Todo estupendo, desde logo, porque se abordan proxectos urbanísticos moi importantes, deficiencias case perennes e casos de extrema necesidade. O responsable municipal das obras é Javier Fernández, e a el me dirixo para recordarlle que temos por aquí unha tendencia histórica de facer hoxe para desfacer mañá e refacer ao outro día. Por favor, preocúpese moito de fiar fino agora e perseverar na difícil arte de facer as cousas ben á primeira. Prestará un gran servizo porque nos vai aforrar malas caras, enormes molestias e un montón de diñeiro. E perdoe, don Javier, por ser tan ‘tiquismiquis’. x. c.

14 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito