Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Gonzalo Muíños

Un bo transporte público aquí? Que bonito sería...

Concelleiro de Mobilidade e Seguridade de Santiago

“Dende o Concello prímanse os movementos das persoas, buscando a ampliación do espazo peonil e reducindo a presión do vehículo privado”. Pono na web municipal, no espazo da Concellaría de Mobilidade, liderada por Gonzalo Muíños e que se encarga, a veces quen o diría, do control, xestión e resolución dos asuntos do transporte colectivo. Nas rúas compostelás as xentes desespéranse porque os problemas cos autobuses son unha fábrica de malhumor e serios contratempos. Aínda recoñecendo que non debe ser fácil ou que falar dun Plan de Mobilidade con maiúscula non é malo, tamén sería bo ter en conta os plans que os cidadáns fan cada día para chegar a tempo a atender as súas obrigas. Asumamos dunha vez, don Gonzalo o primeiro, que unha das grandes bazas para “reducir a presión do vehículo privado” é un transporte público que funcione. Que bonito sería. x. c.

14 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito