Vimianzo conta neste verán con pediatra de luns a venres, Camariñas tres días e Zas dous
O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Alfredo Silva, en resposta á demanda do PSOE para que se cubran as prazas de Pediatría da comarca de Soneira, afirmou no Parlamento que o plan de contixencia para o verán acordado cos profesionais “garante a calidade asistencial”.
Silva asegurou que, atendendo a criterios organizativos e tendo en conta a demanda e a dispoñibilidade de dous especialistas de Pediatría, en Vimianzo, centro de saúde de cabeceira da comarca e cun Punto de Atención Continuada, contarase cun pediatra de luns a venres, de 08.00 a 15.00 horas, e reforzarase a atención dous días á semana en quenda de tarde.
Pola súa banda, Camariñas ten servizo pediátrico tres días á semana e Zas dous e, a maiores, sempre na cabeceira do servizo de Atención Primaria.
Dende o PSOE demandan, non obstante, que se garanta a atención pediátrica en “igualdade de condicións”. A deputada Patricia Iglesias asegura que Camariñas “leva anos” sen que se cubra o servizo, e en Zas a pediatra xubilarase “á volta das vacacións”. Di que esta situación obriga ás familias a ter que desprazarse a Vimianzo.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- Máxima alerta tras detectarse dos robos en Silleda como los de la ‘Banda del Volvo’
- Ames prevé construir este año el complejo que cubrirá las demandas deportivas de Milladoiro