Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Segredos do pasado para gozar no presente

» A zona vella de Noia, que acolle a feira, é das máis atractivas e mellor conservadas de Galicia

A Feira Medieval é a excusa ideal para coñecer o casco antigo de Noia  | //  ECG

A Feira Medieval é a excusa ideal para coñecer o casco antigo de Noia | // ECG

B.C. [SANTIAGO]

A Feira Medieval de Noia é unha das festas históricas máis concorridas e vistosas do calendario estival galego. Pero detrás desta celebración hai en realidade moito máis, porque baixo as bandeiras, os postos, os xogos e a música agóchase unha das zonas históricas mellor conservadas de Galicia, que brinda unha oportunidade única de facer turismo a quen se achegue estes días á feira.

De feito, aínda que hai vestixios de cultura prehistorica na zona, é durante a Idade Media cando Noia despega e se converte nunha das principais cidades galegas, da man do rei Fernando II, que lle outorgou tales privilexios en 1168. Ese proceso expansivo da vila chegou ata os nosos días, nos que é posible gozar dos tesouros patrimoniais do medievo que aínda sobreviven na zona vella, como templos, pazos e casas señoriais, con fachadas adornadas con escudos e inscricións en pedra. Tampouco faltan as rúas con soportais, similares ás que tanta fama gañaron entre os turistas en Compostela.

O plan máis sinxelo é pasear polas súas rúas estreitas e empedradas, perderse nas súas prazas e gozar do comercio e a gastronomía. Pero quen queira algo máis de pausa no medio da voráxine da feira, pode optar por entrar na céntrica igrexa de San Martiño, diante da Praza do Tapal e que conta cun cruceiro do século XV e unha lenda sobre a súa torre a medio facer un tanto tenebrosa . Este templo foi declarado Monumento Nacional.

Non lonxe de alí está outra das xoias medievais de Noia: a igrexa de Santa María a Nova e, sobre todo, o cemiterio histórico, con máis de 500 lápidas sepulcrais que datan do período entre os séculos XIV e XIX. Foi elixido en varias ocasións un dos camposantos máis espectaculares de Europa. Dentro da igrexa tamén hai sorpresas como unha pila bautismal, unha capilla e un retablo con enorme valor artístico.

Fontes e pontes completan a riqueza patrimonial da Noia medieval, especialmente a Ponte de Traba, que data do século XV pero que xa puido ter antes pegadas romanas. Sirve para cruzar o río do mesmo nome, que tamén dispón dun paseo para facer á sombra dos seus ameneiros e freixos pola zona dos Muíños de Pedrachán e incluso máis río arriba.

Nun dos extremos da zona vella, xa lindando coa Noia moderna, atópase a Alameda, donde se pode ver a igrexa de San Francisaco e o edificio do Concello, tamén moi singulares; e conectar directamente co paseo da ría.

Tracking Pixel Contents