Emprego impulsa a captación de talento fóra das nosas fronteiras para cubrir postos estratéxicos
O retorno de galegos no exterior, a chegada de inmigrantes e o uso da intelixencia artificial contribúen a dinamizar o mercado laboral galego
A formación dos traballadores ou profesionais non é a única solución que se plantexa dende a Xunta para acabar cos problemas de emprego na comunidade. Deste modo, a outra gran pata é a captación de talento internacional.
A Consellería de Emprego está a desenvolver unha estratexia para atraer talento, o programa ‘Retorno Cualifica Emprego’, unha iniciativa dirixida a galegos menores de 55 anos residentes no exterior. Zeltia Lado subliñou a importancia de apostar por este tipo de medidas por parte do executivo galego: “Se o que hai aquí non chega temos que abrir novas vías para explorar esa nova captación de talento que aquí tanto nos fai falta”.
A busca de talento fóra das nosas fronteiras é unha realidade á que se van ter que enfrontar, e incluso o están facendo xa, as empresas galegas ante as dificultades de atopar persoal cualificado e formado para os diferentes postos de traballo. “A tendencia é que cada vez hai máis demanda e menos oferta. Polo tanto, é inminente, que non nós, se non todo o sector, teña unha demanda acuciante de xente para os próximos anos”, explicou José Luis Sueiro.
O sector loxístico é, precisamente, un dos máis afectados pola escaseza de profesionais especializados, polo que esta busca exterior vólvese máis importante. Aínda que, sin embargo, non é unha tarefa sinxela como indica Iago Domínguez: “Tes que buscar determinados perfís, tanto culturais, como personais, como a formación que teñan de orixe, para ver que postos che pode cubrir adecuadamente. Entón, eso é moi costoso facelo para unha empresa illadamente. Por iso, coordinalo tamén a través da Xunta nos pode axudar moito”.
Captación de talento en Latinoamérica
Outra das grandes dificultades débese a un aspecto tan importante como é a coincidencia cultural, xa que como salienta o xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia “é moi difícil traer persoal de fóra, porque non é simplemente saber de que país podo traer para este posto. Hai que ter en conta choques culturais que pode haber”. De feito, ese é un aspecto que ten moi en conta a Xunta neste Programa ‘Retorno Cualifica Emprego’ para intentar convertilo nunha alternativa viable.
Deste modo, a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego destacou que esta concordancia dáse, especialmente, cos países latinoamericanos, cos que hai esas similitudes: “Hai dous países actualmente nos que xa hai acordos desde as décadas dos 60, Chile e Perú, pero tamén hai outros países cos que actualmente España ten acordos que facilitan esa integración das persoas nacionales de outros países para que veñan aquí”.
Á marxe desa coincidencia cultural, outro aspecto fundamental son os acordos entre países, que como comenta Zeltia Lado facilitan o “fast track, esa facilidade despois á hora de regulación e obtención dos permisos oportunos para que poidan aquí traballar dun xeito ordenado e organizado.
A Consellería de Emprego de Galicia está, tamén, a explorar a posibilidade de regularizar a situación laboral de persoas que residen na comunidade en situación irregular a través da formación, que tamén está dando resultados positivos, como indica a directora xeral de Formación e Cualifiación: “Iniciamos tamén esa posibilidade que nos outorga a lexislación de coa formación poder regulizar ás persoas que residen na nosa comunidade en situación irregular”.
Uso de Intelixencia Artificial
Co obxectivo de continuar favorecendo a dinamización do mercado laboral galego, a Xunta busca modernizar o Servizo Público de Emprego a través do uso de ferramentas con tanto peso na actualidade como é po caso da intelixencia artificial.
Unha destas ferramentas é o software EMi, pioneira en España e Europa, e que xa está dispoñible nas 54 oficinas de Emprego de Galicia, e que busca optimizar a inserción laboral dos desempregados galegos adaptándose mellor ás demandas reais das empresas.
A iniciativa de EMi, que está dirixida ás persoas demandantes de emprego que permanezan polo menos 30 días en situación de desemprego e a aquelas que participan no programa de seguimento intensivo da demanda de emprego, facilitará a conexión da oferta e da demanda en tempo real mediante recomendacións baseadas na intelixencia artificial. “O soporte de EMi é facer unha taxonomía da persoa en base ao seu perfilado competencial. Que competencias ten para poder identificar o que se debe facer e poderlle dar posibilidades de buscar un posto de traballo, non só no que tiña traballado, se non darlle outra posibilidade de ocupacións alternativas no mercado de traballo”, engadiu Zeltia Lado.
A Xunta prevé que, para setembro de 2025, máis de 70.000 persoas estean xa perfiladas a través deste sistema, que axudará aos galegos na toma de decisións de cara a aumentar a empregabilidade e, asimesmo, mellorar as súas oportunidades para atopar un traballo estable e de calidade.
Esta serie de medidas aplicadas pola Xunta están tendo unha boa acollida entre as empresas galegas, ata o punto de como concluíu Iago Domínguez , as mesmas “están sendo consicientes de que o capital humano que teñen dentro delas é o seu maior valor”
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?
- La alerta roja se desactiva en A Coruña: breve tregua antes de la borrasca 'Ingrid', que traerá frío y nieve a 400 metros