Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Unha festa para exaltar o produto da ría

Nas carpas e postos de venda instalados na Praza do Corgo poderán degustarse decenas de variedades de marisco

Os visitantes poderán degustar decenas de mariscos   | // FDV

Os visitantes poderán degustar decenas de mariscos | // FDV

anxo bentrón [o GrOve]

Dende hai 61 anos, durante as primeiras semanas de outubro, cando o marisco se atopa na época de esplendor en sabor e aínda mantén un prezo asequible, a Festa do Marisco do Grove converte á localidade do Salnés na capital gastronómica de Galicia, atraendo a miles de persoas de toda a xeografía galega, e incluso española, atraidos por este exquisito produto do mar.

As orixes desta celebración tan aclamada remontanse á década dos 60 do século pasado, concretamente ao ano 1963, cando un grupo de veciños da localidade decidiu organizar unha modesta degustación popular co obxectivo de gozar do marisco e promocionar o sector pesqueiro. A festividade, que comezou como un evento modesto e tranquilo, pronto obtivo unha gran popularidade ata acabar convertíndose na festa de referencia para a exhaltación do marisco. O éxito que alcanzou dende os seus inicios é tal que, dende o ano 2013, conta coa distinción de Festa de Interese Turístico Nacional.

Nas carpas e postos de venda instalados na Praza do Corgo, que abrirán de luns a xoves de 12.00 a 16.00 e de 19.30 a 22.30; e os venres, sábados e domingos de 11.30 a 17.00 e de 19.30 a 23.00 horas, os visitantes poderán degustar decenas de variedades de marisco. Dende mexilóns ata percebes, pasando por ameixas, navallas, berberechos, vieiras, volandeiras, camaróns, langostas, nécoras, centolos ou ourizos de mar. Ademais, tampouco faltarán outras elaboracións feitas co mellor marisco como o arroz con bogavante, os fideos mariñeiros, as croquetas de marisco ou, como non, a empanada.

Pero non todo vai ser comer. A celebración,que se desenvolve ata o vindeiro domingo 13, conta cun gran e variado programa de actividades no que a música é, á marxe do marisco a gran protagonista con actuacións musicais todas as xornadas de grupos como The Rapants, Mondra, Carlangas y Los Cubatas, A Banda do Sequío ou La Pegatina, entre outros.

LE AQUÍ O ESPECIAL PUBLICADO EN PDF DA FESTA DO MARISCO DO GROVE 2024

LE AQUÍ O ESPECIAL PUBLICADO EN PDF DA FESTA DO MARISCO DO GROVE 2024

LE AQUÍ O ESPECIAL PUBLICADO EN PDF DA FESTA DO MARISCO DO GROVE 2024
Tracking Pixel Contents