Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O campo precisa políticas de discriminación positiva para aumentar poboación e riqueza

Os expertos reclaman medidas que fagan máis cómoda e atractiva a vida no rural | A necesidade de gañar censo ten que combinar con facer máis produtivas as explotacións | Relevo xeracional e minifundismo, os grandes problemas

Imaxe dunha explotación gandeira de leite no concello de Rodeiro. |  B. L.

Imaxe dunha explotación gandeira de leite no concello de Rodeiro. | B. L.

xosé ramón r. iglesiasxosé ramón r. iglesias

Santiago

Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, organización de referencia no rural galego; Jesús González, presidente de Ternera Gallega, Indicación Geográfica Protegida que controla e certifica a calidade da mellor carne de vacún da nosa comunidade, e Jorge Eiroa, director de compras de Vegalsa-Eroski, empresa líder no sector da distribución alimentaria en Galicia, foron os tres protagonistas da segunda mesa do foro ‘Presente e futuro do agro galego’, organizado por EL CORREO GALLEGO.

O primeiro en intervir foi o representante de Unións Agrarias, que sinalou os marcos nos que se move na actualidade o sector. «Temos que dicir que estamos nun ano especialmente complexo. Un agricultor, un gandeiro pode ser moi bo empresario, facer as cousas moi ben, pero logo hai elementos que non controlamos, como a climatoloxía, que pode botar por terra todo como acaba de pasar. O que pasa aquí é unha realidade. Vimos dunha pandemia onde nos someteron a un sistema de estrés, onde o sector primario creo que deu un exemplo de garantir o abastecemento de alimentos sen especular, sen que houbera un encarecemento e puxo de manifesto que o sector primario, a alimentación das persoas, é algo máis que un sector económico, é un elemento substancial nun país», indicou.

Salientou Roberto García, seguindo o seu fío argumental, que a soberanía alimentaria e o futuro do país «teñen que ver, en primeiro lugar, coa alimentación da poboación, pero teñen que ver tamén con outro elemento moi importante, que é a xestión do territorio. Sen agricultores, sen gandeiros, hai abandono, hai lume, hai lobos e xabaríns. E isto ten uns costes económicos moi importantes». E en relación co dito, citou dúas preocupacións principais que sobrevoan agora mesmo o agro e que precisan cambios. «O primeiro dos elementos é a idade elevada dos titulares de explotacións. Nos próximos dez anos vanse xubilar dous de cada tres titulares de explotacións. Se non somos capaces de resolver o problema de relevo xeracional, e mesmo de man de obra para as explotacións, mesmo as máis punteiras, que necesitan man de obra allea, pois imos ter un futuro complicado», razoou para a continuación explicar o outro punto a destacar: «O segundo elemento que ten difícil solución, porque á parte de costoso é moi difícil de xestionar, é que temos trece millóns de parcelas. Temos un problema importante de minifundismo que os procesos de concentración e de movilidade de terras por agora non foron suficientes para solucionalo».

«Nos últimos cincuenta anos movilizamos –proseguiu– unha media de concentracións de apenas sete mil hectáreas ao ano. Polo tanto, temos un problema real, porque a nosa competitividade en costes é imprescindible, porque dado o tamaño de explotacións que temos é esencial conseguir manternos. E esa competitividade vén por ter base territorial, o 60 ou o 70% dos gastos dunha explotación é a alimentación animal».

Finalmente, resumiu: «Polo tanto, se non somos capaces de resolver o problema da terra e o problema do relevo xeracional, estaremos en dificultades. O sector, en primeiro lugar, pero tamén o país, porque o papel do agricultor e o gandeiro transcende moito máis alá de ser trece ou quince mil explotacións, senón que é un problema de base para a alimentación e é un problema de base para a xestión do territorio».

A continuación, tomou a palabra Jesús González, de Ternera Gallega, que engadiu que no medio rural sería necesario «deseñar políticas de discriminación positiva. Isto é fundamental se queremos manter a poboación no rural. En qué sentido? Pois tratar de favorecer que a xente nova non marche, non abandono o medio rural».

E, de seguido, desenrodelou o argumento: «Hai moitas medidas que se poden poñer en marcha que favorezan esa permanencia. O acceso á vivenda que tanto se cuestiona nas zonas urbanas, moitas veces tamén ese problema o hai no rural. Cada vez hai máis problemas coas licencias urbanísticas, cos permisos, e parece que facer unha casa no rural... dentro de pouco nin que estiveramos na Castellana, en Madrid». «Outro aspecto importante e que, neste momento, crea moita inseguridade é as eivas que hai no ámbito das comunicacións. Das comunicacións por terra e tamén das comunicacións online, o que son as novas tecnoloxías. Isto é un aspecto fundamental se queremos que a xente nova se plantexe vivir no rural», engadiu.

O representante do Ternera Gallega deixou claro que o primeiro paso neceario é que a xente nova estea disposta a vivir no rural, a quedar no rural, pero non se parou aí, xa que, ademais, considera imprescindible un seguinte paso: «Que teña unha actividade agropecuaria, unha actividade produtiva que ao mesmo tempo revitalice e xenere riqueza no rural. Unha cousa ten que ir parella coa outra. Temos que combinar atractivo no rural con rendibilidade no rural. Iso é o que, dalgunha maneira, pode facer que a xente nova quede».

Pola súa parte, desde Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa, que se mostrou de acordo cos seus compañeiros de mesa, apuntou que para a firma que representa «es básico el apoyo a los proveedores y productores locales, porque así entendemos que ayudamos al entorno y a su desarrollo, que para nosotros es importante». Eiroa lembrou que «está el sector primario, está la industria, está la distribución y yo siempre pongo también al consumidor. Tenemos que trabajar todos juntos desde el sector primario para ofrecer al consumidor el producto que nos demanda».

«Evidentemente –dixo–, la cadena comienza por el sector primario. Si no hay sector primario, podemos hacer lo qu sea que no llegaremos al consumidor. Es importante que gane dinero, evidentemente que haya un proyecto, que se profesionalice y que sea rentable, porque si no, al final, en el rural no se va a desarrollar negocio». Para el, a clave «es trabajar todos juntos para ofrecer al consumidor los productos que pide».

O director de compras de Vegalsa-Eroski pechou o seu primeiro turno recordando que unha vez un directivo lle dixo que «igual en unos años habrá productos que no vamos a poder consumir. Sonó un poco alarmista, pero es verdad, si no mimamos y cuidamos al sector primario, será así».

O presidente de Ternera Gallega, Jesús González, avogou no marco do foro ‘Presente e futuro do agro galego’, de EL CORREO GALLEGO, por «unha reestruturación das explotacións no sector cárnico. Produciuse noutros sectores, como, por exemplo, o leiteiro. Tamén houbo unha modernización moi significativa no caso do sector vitivinícola, pero no cárnico esa reestruturación, eses avances aínda están nunha gran maioría pendentes». «Digamos –continuou– que no sector cárnico, sobre todo no que é o vacún, temos aspectos moi importantes ao noso favor, porque hai unha calidade manifesta do produto, pero, ao mesmo tempo, temos que ser tamén competitivos á hora de producilo. Non pode ser que a vantaxe que da a calidade a merme a infraestrutura que temos en Galicia». E concluíu,na liña do dito por Roberto García, que «o minifundismo nas explotacións é un aspecto moi negativo, un tema onde se gastan cartos e os avances son pequenos».

Neste punto, Jorge Eiroa, de Vegalsa-Eroski, incidiu en que todas as organizacións do sector e as administracións teñen que velar polo sector primario, «con diálogo entre toda la cadena de valor» e considerou importante que «el productor también reciba un precio justo por su producto». «Nosotros en muchas categorías de productos dialogamos con la industria y en otras con la producción directamente, y es en esas conversaciones directas cuando somos conscientes de que tienen que ganar dinero y tiene que ser rentable su trabajo y esfuerzo, eso lo tenemos muy claro», afirmou.

Finalmente, Roberto García apuntou, por un lado, que a administración debe actuar de oficio para impedir que se venda por debaixo dos custos de produción e, por outro, salientou a importancia das axudas. «Temos unha PAC non para protexer aos agricultores e gandeiros, senón para protexer aos consumidores. Un litro de leite ou un kilo de carne tería que valer o dobre se aplicamos os custos. Pero non só non pasa iso, senón que se asinan convenios con terceiros países onde non se esixen as mesmas condicións nin medioambientales nin laborais».

O líder de UA tamén aludiu ao desequlibrio entre a cesta da compra, «que se encareceu un 30%», e os salarios, que se encareceron un 12%». «Ou facemos un exercicio de equilibrio ou pasará como cos pisos de alquiler, que se levan a metade do soldo das persoas».

Tracking Pixel Contents