Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

nnnn

Galicia fío temático e conceptual

3 Descensos Gz é o título do proxecto expositivo co que o artista Pablo Orza (Zamora, 1971) conclúe a súa estadía na VIIIº edición das Residencias Artísticas da Fundación Eugenio Granell, sita no emblemático Pazo de Bendaña, na compostelá Praza do Toural.

Instalación Somatizar Gz na Exposción  3 Descensos Gz.  | // FOTOS: MIGUEL R. TABOADA

Instalación Somatizar Gz na Exposción 3 Descensos Gz. | // FOTOS: MIGUEL R. TABOADA

Pablo Orza / aNA TRIÑÁNS / mIGUEL r. tABOADA

Pinturas figurativas de mediano formato sobre papel da Exposción 3 Descensos Gz.  | // FOTOS: MIGUEL R. TABOADA

Pinturas figurativas de mediano formato sobre papel da Exposción 3 Descensos Gz. | // FOTOS: MIGUEL R. TABOADA

Pablo Orza licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. Fixo estudos de doutorado na Universidade Politécnica de Valencia e un programa de posgrao no Studio Arts Centers International de Florencia.

Exposción 3 Descensos Gz. | // FOTOS: MIGUEL R. TABOADA

Exposción 3 Descensos Gz. | // FOTOS: MIGUEL R. TABOADA

Iniciou a súa carreira profesional a finais dos 90 e dende entón expón asiduamente en galerías e institucións de Galicia e Portugal.

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

a obra de Pablo Orza

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

⁃ No 2004 realizou (re-)Gz na galería SCQ de Santiago. Unha instalación coa que iniciaba un primeiro descenso consciente pola multidimensionalidade de Galicia e que poderiamos considerar como unha primera versión, 20 anos antes, da instalación Somatizar Gz na sala Philip West da Fundación Eugenio Granell. O feito de terse mudado ao rural galego no ano 2000 foi determinante para (re-)Gz e tamén para a súa traxectoria artística en xeral. O contacto cos ciclos e forzas da natureza, os astros, as metamorfoses da paisaxe, o traballo da terra, a proximidade do mítico Pico Sacro coas súas covas de seixo, o lume da leña no inverno… van reconfigurando silandeiramente o corpo, dándolle outro pouso, abríndoo a dimensións sutís, máis cósmicas e enerxéticas. Paseniño vai emerxendo unha respiración, un latexo demorado que é parte da nosa esencia e cuxa activación é, sen dúbida, terapéutica. Rexistrar este proceso deveu no principal asunto da súa actividade artística.

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

⁃ A actividade artística de Pablo Orza é fundamentalmente exploratoria. Traballa simultaneamente cunha gran variedade de soportes e técnicas (pintura, colaxe, fotografía, vídeo, música, danza, escrita). O movemento está na esencia da elaboración artesá da imaxe. O son é unha propiedade do movemento. O movemento xera conciencia. A conciencia fíxase coa palabra. A imaxe e a palabra compleméntanse, refórzanse. A pulsión creativa que emana das vivencias está a circular incesantemente reconfigurándose, retroalimentándose nos diferentes eidos da expresión. Por outra banda, abstracción e figuración son graos nun continuo da visión. Constantemente acontece unha oscilación entre ambas modalidades. Neste senso, despois da sala coa instalación de Somatizar Gz, na que todo se atopa embarullado, as outras dúas salas procuran reflectir e explorar esta polaridade abstracto-figurativa.

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

artista residente

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

⁃ Esta residencia non a enfocou tanto na produción de obra nova, aínda que si realizou algunhas pezas durante a mesma, senón que se centrou máis na revisión dun corpus de traballo xa preexistente e na súa organización para ser exposto. Unha tarefa complexa, pois estamos a falar dun amplo, por non dicir inxente, conxunto de obras que se foi constituíndo ao longo de máis de 25 anos. Obras realizadas en diferentes épocas, en diferentes soportes e estilos, moitas delas non expostas con anterioridade. Neste sentido, non se quixo facer simplemente unha retrospectiva, senón que se procurou trazar un fío temático e conceptual que conectara as diversas pezas. O fío escollido é unha das temáticas máis recorrentes, entre outras, do seu traballo: Galicia.

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

A EXPOSICIÓN

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

O proxecto expositivo ocupa tres salas da Fundación Granell e realizouse en colaboración con Eduardo Valiña, comisario da exposición e Conservador xefe da fundación.

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

⁃ Dispoñer destas tres grandes salas foi, sen dúbida, unha oportunidade, mais tamén un reto. O proxecto expositivo é moi ambicioso, pois inclúe unha grande instalación chea de obxectos e mobiliario nunha das salas, ademais das proxeccións de vídeo, dos cadernos, dos lenzos e de moita obra en papel nas paredes das outras salas. A montaxe foi, por tanto, moi esixente, mais Pablo Orza tivo a sorte de contar cunha equipa de traballo moi profesional e entregada pra poder despregar todo este barullo de cousas. Foi tamén unha sorte poder dispor de medios tecnolóxicos como monitores, pantallas e proxectores de vídeo…

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

Entre as tres salas da exposición, a primeira que atrapa a atención do visitante é a Sala Philip West (fotos 1 a 4) que se atopa totalmente ocupada cunha grande instalación denominada Somatizar Gz. Nela vemos unha cama de masaxe entre vitrinas, televisores, mesas e estantes ateigados de obxectos baixo un teito cuberto de bandeiriñas de plástico de Galicia. Esculturas e máscaras africanas da colección persoal de Eugenio Granell, cadros seus con temática galega, fotografías e obxectos icónicos de todo os ámbitos de Galicia: etnográfico, político, monumental, histórico, empresarial, simbólico… Obras de Orza de todas as épocas, cabos, arames, diagramas anatómicos, mapas de Galicia, ferramentas e ferralla electrónica, moito seixo, rochas e arxila, capachos, raíces… enchen o espazo da sala dando a sensación de estar nun galpón delirante.

Galicia fío  temático e conceptual

Galicia fío temático e conceptual

As tres salas son moi diferentes entre si. Mesmo se procurou que houbera un dinamismo entre elas, unha tensión que se resolvese facendo todo o percorrido. Poderíase equiparar o conxunto, salvando as distancias, a unha estrutura dinámica tripartita clásica como a de terra-ceo-inferno. Hai un proceso de desposuimento, de esencialización e viceversa, no circuíto entre as tres salas. Un proceso de facer espazo. O risco deste deseño era que o conxunto puidera parecer unha colectiva de diferentes artistas. Dada a heteroxeneidade da súa produción artística, ás veces Pablo Orza pensa nos heterónimos de Pessoa, era un risco que había que asumir.

Na sala máis grande (fotos 5 a 8), toda unha parede cuberta con pinturas figurativas de mediano formato sobre papel. Ao fondo, unha grande proxección en vídeo co artista realizando diversas performances en espazos naturais de Galicia. Na entrada pequenas vitrinas con cadernos de traballo e publicacións.

A terceira sala (fotos 9 a 13) , en comparación, case parece baleira: algunhas pezas de parede tridimensionais con madeiras e teas en grande formato, unha serie de grandes papeis con enérxicos trazos azuis, unhas poucas fotografías de vellas enciclopedias de Galicia cubertas por capas de pintura.

⁃ Emprega “descenso” no senso espiritual do termo grego katábasis, como afondamento naquilo que é múltiple, multidimensional. Afondamento, non soamente nunha multiplicidade de forzas sociais, antrópicas, senon tamén descenso en multiplicidades naturais, cosmogónicas, elementais. Descender é comprender fondamente, con todo o corpo. Cada sala é unha modalidade de afondamento na multidimensionalidade de Galicia, tanto plástica como conceptualmente.

No texto explicativo da exposición dise que “Orza propón un proxecto interdisciplinar onde o territorio, a identidade e a autorreferencia converxen nun espazo de representación propio, conformando un lugar de creación afastado do establecido para crear vínculos, a través dunha ampla proposta con diferentes parcelas sensoriais”.

⁃ Poder ter unha exposición desta magnitude no casco vello de Santiago, a uns poucos metros da Catedral, é certamente un privilexio moi especial. Particularmente cando a temática da mesma vai explicitamente sobre Galicia. Na inauguración, o concelleiro de Urbanismo do concello de Santiago, Iago Lestegás, ao ver a exposición, falou da solastalxia. Un concepto acuñado polo filósofo australiano Glenn Albrecht que describe un tipo de anguria, estrés mental ou existencial causado polo deterioro medioambiental. Para moitos galegos pensar-vivir en Galicia adoita implicar esta sensación de solastalxia. Tamén, como di Germán Labrador, “o pobo galego é un demos (pobo) catastrófico, que só existe como soberano (e constitúese como tal) fronte á catástrofe”.

- En xaneiro farase na fundación, como complemento e parte do proxecto expositivo, a presentación do fanzine/libro de artista: Somatizar Gz que recolle algunhas imaxes que non están na exposición e que contan coa colaboración de Jorge Varela, Rosendo Cid e Anxo Rabuñal nos textos e cunha exquisita maquetación de Mauro Trastoy.

Tracking Pixel Contents