Entroido
O Carnaval chega a Dumbría cheo de música e agasallos

O desfile será mañá en Vimianzo. | CEDIDA
O Concello de Vimianzo presenta unha variada programación de Entroido para todos os públicos, con concursos de disfraces, talleres e baile social. Este ano, a localidade está disposta a ofrecer un Entroido "terrorificamente divertido", no que se repartirán máis de 2.800 euros en premios. Mañá, a gran festa terá lugar en Vimianzo, mentres que o vindeiro día 8 será a quenda de Baíñas. Ambos os dous días estarán marcados pola música, a diversión e, por suposto, os tradicionais concursos e desfiles de disfraces. En Vimianzo a xornada comezará ás 16.30 horas cun pasarrúas e animación con Rapacollon’s Big Band. Ás 18.00 horas dará comezo o gran concurso de disfraces. Mentre o xurado delibera os resultados o público poderá gozar da actuación musical de Oviravai e o seu espectáculo Paio e o poder da música. Ás 21.00 horas terá lugar a entrega de premios a cargo da alcaldesa, Mónica Rodríguez, e dos concelleiros e concelleiras de Vimianzo.
Tamén terán o seu gran espazo os máis pequenos da casa. Os días 3, 4 e 5 de marzo os nenos de 3 a 12 anos poderán gozar dun obradoiro de cociña entroideira que se impartirá de 10.00 a 13.00 horas.
Pero non todo será para os máis pequenos: os maiores tamén terán o seu espazo. Neste sentido, este domingo tamén se celebrará o baile social de Entroido. Será de 19.00 a 22.00 horas no restaurante Pastoriza e haberá animación musical, desfile de disfraces con premios e moitas sorpresas.
O Entroido chega un ano máis a Dumbría cunha proposta repleta de diversión e de cor para toda a familia. Este domingo, día 2, dende as 17.00 horas, o pavillón polideportivo do Conco será o epicentro das celebracións, con actividades para entreter a grandes e pequenos por igual.
A localidade gozará o domingo dun Entroido con gancho, que comezará cunha concentración de comparsas na praza do concello, dende onde partirá un desfile cheo de enerxía festiva ata as instalacións do Conco. Alí, celebrarase o máis que esperado concurso de disfraces individuais e de comparsas cun mínimo de dez compoñentes, que deberán amosar a creatividade e a orixinalidade dos participantes.
Veciños e visitantes poderán pasalo ben nunha xornada chea de alegría e cor que comezará coa concentración de disfraces, seguirá co pasarrúas e rematará co concurso de disfraces, que contará con animación musical e que repartirá máis de 2.500 euros en premios para os disfraces máis orixinais.
Ademais, haberá agasallos para todos os nenos que vaian cos seus disfraces, independentemente do concurso.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nuevo corte de tráfico en Santiago: una céntrica calle del Ensanche estará cerrada este sábado