Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Este concello ourensán destaca pola natureza

O corazón da Galicia interior late en Cartelle

Redacción

Falar de Cartelle é falar dun municipio descoñecido para moita xente fóra de Ourense, pero en realidade trátase dun concello moi vinculado a por relacións históricas e socioeconómicas a Celanova que representa o mellor da Galicia salvaxe, natural e interior, que permaneceu en moitos sentidos inalterable e alleo ás masificacións turísticas que tanto alteraron a esencia doutros lugares.

A visita a Cartelle merecería a pena polo simple feito de respirar aire puro e perderse nos seus inmumerables paseos e rutas de senderismo, a maioría co río Arnoia como eixo. Hai fervenzas, muiños, áreas fluviais e miradores como o do Canón do Gato que non deixan a ninguén indiferente.

Pero Cartelle tamén alberga patrimonio, entre el un conxunto de oito cruceiros arredor dun calvario que non ten igual en Galicia. E da pegada medieval son testemuño a Torre de Sande ou a Ponte do Freixo, mostras do rico patrimonio arquitectónico.

Tracking Pixel Contents