Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Don Bosco, Flying Fun ou os campamentos urbanos, entre as opcións para a cativada

Campamentos en Santiago, onde gozar da tempada estival

Redacción

O verán xa está á volta da esquina e, un ano máis, a capital de Galicia volverá contar con distintas propostas coas que desfrutar da tempada estival.

Por un lado, dende o 23 de xuño ata o 1 de agosto, incluíndo tamén a primera semana de setembro, Flying Fun volverá celebrar o seu Summer Camp, pensado para nenos de 3 a 10 anos e con múltiples actividades: xogos, cancións, manualidades, cociña, ioga, saídas ao parque ou baile, todo completamente en inglés.

Por outra banda, durante todo o verán, o Centro Don Bosco albergará o Bosco Verán 2025, cun completo programa de actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos, co obxectivo de que os rapaces gocen do seu tempo de lecer cun enfoque lúdico e educativo.

Un ano máis, tampouco faltarán na capital galega os tradicionais campamentos urbanos, que volverán contar con actividades pensadas para o desfrute dos máis pequenos da casa con variedade de divertidas propostas.

Tracking Pixel Contents