As instalacións, de 17.200 m2, contan con 96 parcelas con zonas de acampada e bungalows
Camping Paisaxe, vacacións á medida e a pé de praia
Redacción
Situado xunto a Praia do Terrón en Vilanova de Arousa, o Camping Paisaxe eríxese como un lugar único no que gozar dunha máis que satisfactoria estancia para desfrutar da época estival.
As instalacións ocupan unha superficie de 17.200 m2 con 96 parcelas, con grandes zonas de acampada e oito bungalows. O camping dispón de diferentes tipos de parcelas segundo as súas dimensións e periodos, buscando así garantir que os visitantes dispoñan do tamaño de parcela que mellor se adapte á súa forma de acampar: tenda de campaña con vehículo, furgoneta, caravana ou autocaravana de grandes dimensións. Ademais, dispón de tres tipos diferentes de bungalows totalmente equipados para facer das vacacións no Camping Paisaxe unha experiencia diferente, na que non falten todo luxo de detalles.
A experiencia se completa con alternativas de todo o tipo para esquecerse do aburrimento. Dende rutas de kayaks, sendeirismo ou en bicicleta, ata actividades de buceo ou mesmo excursións ás Illas Ons, Sálvora e Cíes.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- Máxima alerta tras detectarse dos robos en Silleda como los de la ‘Banda del Volvo’
- Ames prevé construir este año el complejo que cubrirá las demandas deportivas de Milladoiro