Este domingo será o concurso de nenos e adultos, mentres que o próximo martes celebrarase o tradicional certame de comparsas
Fisterra invita aos veciños a saír á rúa co seu mellor disfrace

Fisterra invita aos veciños a saír á rúa co seu mellor disfrace
RedacciónIago Rodríguez
O Entroido do Concello de Muros entra desde hoxe mesmo, mércores día 11, na fase máis intensa dun completo programa de actividades que se prolongará ata o día 21 e que inclúe festas infantís, desfiles, música e actos tradicionais, segúndo avanzou no seu día a concelleira responsable de Cultura, Caridad González.

Fisterra invita aos veciños a saír á rúa co seu mellor disfrace
Esta mesma tarde, ás 18:00 horas, a Axencia de Lectura de Esteiro acollerá unha sesión de contacontos titulada Flipa cos contos, a cargo de Fran Campos, no que posiblemente sexa o Entroido máis madrugador da zona. E o venres será a quenda dos máis pequenos coa Festa Infantil de Disfraces no Centro de Sorribos de Abelleira.
O sábado celebrarase o Entroido Esteirán desde as 17:00 horas, cun percorrido que partirá da rotonda de Creo e que rematará cunha merenda de chocolate con churros na Alameda de Esteiro. Xa pola noite, haberá unha gran Festa de Entroido con DJ baixo carpa no Curro da Praza de Muros.
O domingo chegará o Gran Desfile e Concurso de Comparsas, que percorrerá o traxecto entre a Virxe do Camiño e o Curro da Praza e que se repartirá máis de 3.500 euros en premios. Este certame, segundo a edil de Cultura, Caridad González Cerviño, «é unha festa feita para participar, crear e compartir». As festas infantís continuarán o luns nos pavillóns de As Insuas de Serres e Xosé Lago de Esteiro, e o martes no Centro Social de Louro.
O mércores celebrarase o Enterro do Facundo e, o venres, terá lugar a Festa de Disfraces da biblioteca no Centro San Xosé. Os pequenos despedirán o Entroido polo alto o sábado, coa última Festa Infantil de Disfraces no Centro Agrovello de Tal.
E todo isto en esquecer a ampla oferta gastronómica, de terra e mar, que ofrece o concello de Muros. n
Fisterra xa está a quentar motores para unha nova edición do Entroido máis tradicional da Costa da Morte, cun programa que convida a saír á rúa, compartir risas e lucir o mellor disfrace. Este ano repartiranse arredor de 6.000 euros en premios en diferentes concursos, impulsando a oportunidade perfecta para participar en grupo, en familia ou en compañía da comparsa.
O momento estrela será o desfile de grupos e comparsas do sábado, que contará con animación musical e rematará na praza co pregón do Entroido 2026. Durante a mañá animarán o ambiente polas rúas a charanga A Tripulasión e O Rumbo de Sardiñeiro, e pola noite a festa trasladarase ao porto cunha discoteca móbil. O concello instalará unha carpa para acompañar a celebración.
O domingo, a Praza da Constitución acollerá o concurso de disfraces para nenos e adultos (individual, parellas e grupos) e, pola noite, celebrarase o baile social de Entroido no Mercado Cultural con Chema Élite.
O luns desenvolverase un taller de máscaras durante toda a tarde na Biblioteca municipal dirixido á rapazada, e o martes terá lugar no pavillón municipal o concurso de comparsas, presentado por Mariola Martínez e Santi Caneta. Neste último cerame haberá en xogo premios de 1.700, 1.400 e 1.200 euros, todos con trofeo incluído. Ademais, o resto de comparsas participantes recibirán unha axuda valorada en 350 euros. n
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder