Día Internacional da Muller
Dumbría abre camiños en materia de igualdade
Iago RodríguezIago Rodríguez
O Concello de Arzúa unirase para celebrar o Día Internacional da Muller. A campaña deste ano, Arzúa en Igualdade, reafirma seu compromiso cos labores de visibilización e empoderamento feminino baixo o lema Agora e sempre, nin un paso atrás.

Un grupo de veciñas de Dumbría na praia. | CEDIDA
A programación arrancará mañá con Pedaladas pola igualdade, unha ruta circular en bicicleta de catro quilómetros considerada de baixa dificultade e aberta a todos os niveis e idades. O punto de partida será a Praza de Galicia ás 11.00 horas, onde tamén rematará o percorrido con petiscos e agasallos para todos os participantes.
A próxima iniciativa terá lugar o luns, cando a partir das 11.00 horas a emisora Radio Arzúa emita un programa especial baixo o título Elas… Referentes!, coa participación de mulleres do municipio. O espazo estará conducido por Lidia Veiga e pola concelleira de Igualdade, Lucía López, e nace coa finalidade de recoñecer traxectorias femininas locais e contribuír á construción dunha memoria colectiva desde unha perspectiva de xénero. O día 14, ás 17:00 horas, a Casa das Mulleres acollerá o obradoiro Revirando a tradición: cantigas con voz de muller. A actividade combinará canto e pandeireta para revisar coplas tradicionais desde unha perspectiva feminista, reflexionando sobre o papel das mulleres na transmisión cultural e sobre a presenza de estereotipos de xénero no patrimonio oral. O 21 de marzo, de 11.30 a 14.00 horas, organizarase o obradoiro Puntadas de rebeldía: bordando para a igualdade, na Casa das Mulleres. n
O Concello de Dumbría quenta motores para celebrar unha data especial: o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, baixo o lema Abrindo camiños en igualdade. Unha campaña que combina sensibilización, divulgación histórica e participación veciñal ao longo de todo o mes.
Entre as accións destacadas figura o reparto de abridores conmemorativos no Concello, un xesto simbólico co que se busca reforzar a visibilidade do 8M e implicar á cidadanía na construción dunha sociedade máis xusta. O material será elaborado pola asociación Íntegro, entidade da Costa da Morte que traballa coas persoas con diversidade funcional. A programación arrincou xa o 27 de febreiro coa xornada Teatralízate, un obradoiro de teatro dirixido ás nais e mulleres das familias do alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia. A actividade xerou un espazo de sororidade, expresión e lecer compartido.
No eido divulgativo, Dumbría organiza as xornadas As Mulleres na Antigüidade, impartidas pola xornalista e historiadora Nieves García Centeno. O ciclo constará de catro sesións —os días 7, 14, 21 e 28 deste mes ás 11.30 horas— nas Instalacións Municipais do Conco. Ao longo dos encontros abordarase o papel feminino nas grandes civilizacións do Mediterráneo e no mundo celta, afondando na independencia xurídica no Antigo Exipto, a influencia en Roma, o contraste entre mito e realidade en Grecia e o prestixio das mulleres na cultura celta. A entrada será libre ata completar aforo. Desde o Concello subliñan que a igualdade vai máis alá dunha data concreta e reiteran o seu compromiso por avanzar cara a un futuro con máis dereitos e oportunidades para toda a veciñanza, tanto homes coma mulleres. n
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche