Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A cita institucional desta 42ª edición dedícase a Xosé Castiñeiras e á pegada da súa obra

Val do Dubra rende tributo ao escultor que inmortalizou a emigración galega

Xosé Castiñeiras no seu taller. | CEDIDA

Xosé Castiñeiras no seu taller. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Pablo Vázquez

Val do Dubra celebra estes días unha das súas citas máis emblemáticas, a 42ª edición da Festa do Emigrante. A celebración comezou onte, 6 de agosto, e rematará mañá, sábado 8 de agosto. A xornada institucional da festa terá lugar hoxe, venres 7 de agosto, e xirará arredor da homenaxe a Xosé Castiñeiras, un dos escultores galegos máis recoñecidos do panorama actual.

Nado no Val do Dubra, Castiñeiras deixa unha importante pegada, especialmente na Coruña, xa que as súas obras forman parte da identidade visual da propia cidade. Pero a súa vinculación co municipio vai máis alá da súa orixe, xa que é o autor da escultura dedicada ao Emigrante, símbolo do concello. O propio Castiñeiras lembra a influencia da súa terra natal na súa vida: «Aínda que levo moitísimos anos na Coruña, Val do Dubra marcoume. A miña infancia desenvolveuse alí. Para min que me fagan unha homenaxe no meu concello é un gran regalo».

A escultura do Emigrante ocupa un lugar especial na súa carreira artística. Foi a primeira obra que realizou en pedra, sendo unha peza clave na súa transición, ao deixar atrás o traballo na madeira para consolidarse como escultor. A través deste monumento, o artista tratou de reflectir a dura realidade da emigración galega. «A intención era representar tanto os que se van como os que se quedan. Esas dúas figuras: o home que marcha sen saber que lle espera e a familia que permanece, representada polas mulleres. Para min, poder plasmar iso é un regalo», explica.

O de hoxe é o segundo recoñecemento recibido polo escultor en pouco tempo, xa que hai unhas semanas foi distinguido polos seus veciños da Coruña coa primeira edición de Letras dos Maios. O propio artista recoñece que estas distincións teñen un significado moi especial para el: «Nunca deixo de aceptar un recoñecemento, porque unha homenaxe lémbrache o que construíches e tamén que á xente lle gusta o que fas». n

Tracking Pixel Contents